Edita: Consello Local BNG de Vilaboa
 
INFORMACIÓN MUNICIPAL
Voceiro Dixital do Bloque Nacionalista Galego de Vilaboa

FOMENTO ESCUSÁRASE EN ABRIL CON PROBLEMAS PARA CRUZAR A LIÑA POLA N-550
Postemirón e a Graña seguen sen banda ancha

O Ministerio de Industria culpa a Fomento dos atrancos para a chegada da banda ancha a Postemirón e a Graña (28/04/09)

infobloque-vilaboa.com, 16/10/09. Os veciños de Postemirón e a Graña na parroquia de Vilaboa continúan a denunciar que seguen sen acceso á banda ancha de Internet, a pesar do compromiso, tanto do Concello de Vilaboa, como do Ministerio de Industria por solucionar esta situación hai seis meses.

O Goberno escusara no mes de abril o retraso da chegada da banda ancha a estas parroquias coas trabas postas polo Ministerio de Fomento para cruzar a N-550 coa nova liña telefónica. Meses despois de que a obra de realizar "un topo" baixo a estrada xa finalizou o certo e que os veciños seguen ser poder disfrutar das vantaxas e posibilidades que ofrece a Internet de alta capacidade. Industria tamén alegara daquela que a banda ancha ao non formar parte das obrigas de servizo universal establecidas para o conxunto da Unión Europea, préstase polos operadores interesados en condicións de mercado.

Non obstante, para favorecer a súa extensión ás zonas rurais sen interés comercial para os operadores, as distintas Administracións Públicas puxeron en marcha actuacións de fomento para a realización de proxectos dirixidos á implantación de infraestructuras de acceso que permitan satisfacer a demanda de banda ancha a poboación residente e en condicións económicas similares ás do resto do país.

Salgado anunciou hoxe que volverán a levar o tema ao Congreso dos Deputados para que dean explicacións por esta nova demora, ademáis de pedirlle ao goberno municipal que se meta de cheo no asunto, xa que pasou case un ano dende que o BNG denunciara estas deficiencias e os veciños seguen sen ten unha solución axeitada.

  

comentarios recibidos (1)

1. Enviado por: David, 2009-10-15 00:03:56 PDT

Non sei cando se amañará isto, pero o Alcalde xa saliu na prensa fai uns cantos meses dicindo que estaba xa listo, pero, nada de nada, seguimos sen poder dar liñas novas de alta e sen poder contratar servizo de internet.

Eu recoméndolle a todos os veciños de Postemirón que dean de baixa a liña esa que temos que non serve para nada e que pagamos como se tiveramos adsl de 20Mb.

un Saúdo
www.postemiron.es/web

comenta esta noticia

Nome
Correo-e
Comentario

Debes cumprimetar tódolos campos. O correo electónico non se mostrará. O BNG de Vilaboa non se fai responsable do contido dos comentarios. Non se publicarán os comentarios ofensivos ou que sexan sospeitosos de non respetar a legalidade vixente.

 

Recebe no teu correo-e as novidades da Web

correo-e

Tamén podes receber gratuitamente as novidades no teu móbil enviando unha mensaxe coa palabra ALTA ao 650784558. (coste da mensaxe, según tarefas operadores). Para darte de baixa no servizo envía unha mensaxe coa palabra BAIXA.

Privacidade: O tratamento dos datos persoais está axustado á normativa establecida na Lei Orgánica 15/1999, de 13 de decembro, de Protección de Datos de Carácter Persoal (BOE 14/12/1999), e normativa de desenvolvemento.

AXENDA

 

NOTICIAS RELACIONADAS

 

Inicio | Nós| Escríbenos| © BNG Vilaboa 2007-2009. Autorízase a reproducción dos artigos (excepto os de opinión) sempre que se cite a fonte.