voltar á páxina principal

Mocións presentadas polo BNGDocumentos elaborados polo BNGDescarga de arquivosConvocatoria de subvencións, axudas,...Entra a formar parte da militancia do BNG de Vilaboa


Se ves a páxina con erros usa o navegador Firefox

 

Recebe no teu correo-e as novidades da política municipal de Vilaboa

correo-e

Tamén podes receber gratuitamente as novidades no teu móbil enviando unha mensaxe coa palabra ALTA ao 650784558. (coste da mensaxe, según tarefas operadores). Para darte de baixa no servizo envía unha mensaxe coa palabra BAIXA.

Privacidade: O tratamento dos datos persoais está axustado á normativa establecida na Lei Orgánica 15/1999, de 13 de decembro, de Protección de Datos de Carácter Persoal (BOE 14/12/1999), e normativa de desenvolvemento.

 

 

 

NAMENTRAS CONCELLOS VECIÑOS INVERTIRON VARIOS MILLÓNS DE EUROS PROCEDENTES DO AGADER EN PROXECTOS DE DINAMIZACIÓN DO MEDIO RURAL

Vilaboa non solicitou ningunha axuda dotada con fondos europeos nos últimos dous anos

 

(infobloque-vilaboa.com 03/12/08) Vilaboa é o único concello da comarca que non solicitou axudas europeas para o desenvolvemento local. Estas axudas están xestionadas pola Axencia Galega de Desenvolvemento Rural e están destinadas á diversificación de cara a actividades non agrarias, creación e desenvolvemento de microempresas, fomento de actividades turísticas, servizos básicos á poboación rural e conservación e mellora do patrimonio. O BNG de Vilaboa considera isto un feito moi grave e demostra a nula capacidade de xestión do goberno municipal do PSOE.

“Vilaboa está renunciando a cartos europeos coma se non tivese necesidade urxentes que cubrir”, dixo Ornela F. Salgado.

A portavoz nacionalista lamentou este episodio e “é un exemplo máis da parálise que está a vivir o noso concello en canto a proxectos que ilusionen á xente e que asenten o noso progreso”. Neste sentido, o goberno local deberá responder a unha iniciativa no pleno dirixida á Concellería de Desenvolvemento Local para explicar cales son as súas prioridades de investimento e as razóns polas que non se lle atopou encaixe nesta liña de axudas.

Ornela F. Salgado considera que dentro do apartado  de servizos básicos caben cuestións como a posta en marcha de telecentros ou a creación dun servizo municipal de autobús. No apartado de Fomento de Actividades Turísticas atopan acollida a adecuación, acondicionamento e equipamento de espazos naturais. En conservación e mellora do patrimonio rural calquera actuación sobre o patrimonio local como muíños, fontes, lavadoiros, calzadas e outros.

No Pleno, o BNG ofrecerá a súa axuda e colaboración ao goberno local para que isto non volva pasar e se soliciten estas axudas. “Queremos que o goberno local determine o interlocutor e terá sobre a mesa as nosas ideas”, dixo Fernández Salgado.

Imprimir   Recoméndalle esta noticia a un amigo

MAIS INFORMACIÓN SOBRE AGADER E O PROGRAMA LEADER DE GALIZA 2007-2013

comentarios recibidos (2)

Enviado por: Carballo, 2008-12-03 13:41:09 PST

2. Mentras teñamos estes gobernantes os veciños de Vilaboa somos estamos condenados a seguir perdendo subvencións

Enviado por: cachamuiñas, 2008-12-03 07:18:00 PST

1. Acabo de ler o ártigo no que se di que dende o goberno do Concello non saiu ningua petición para o Agader. isto é a máis clara proba do que Ornela denuncia aquí, Nula xestión.
pero é que hai que decilo claramente, non é que non fagan, senon que non deixan facer. O Concello de Vilaboa, e todos os veciños acabamos de perder a oportunidade de acollernos a un programa que serviria pouco ou moito para mellorar o Concello.
Pois nada, o Psoe segue igual cando se lle fan propostas a sua resposta é o insulto e eles non fan nada. So espero que alomenos preparen o Traballo que lles puxo o Estado de presentar propostas de inversión para atacar a crise. o que si que espero é que dende este mesmo foro, e no Pleno do Concello o BNG presente propostas de actuación e que se lle tiren das orellas ó Psoe por non traballar. que si chegan a traballar na privada e perden a posibilidade dunha axuda por non presentar cando menos propostas, estou seguro que os chinpaban a todos.

comenta esta noticia

Nome
Correo-e
Comentario

Debes cumprimetar tódolos campos. O correo electónico non se mostrará. O BNG de Vilaboa non se fai responsable do contido dos comentarios. Non se publicarán os comentarios ofensivos ou que sexan sospeitosos de non respetar a legalidade vixente.

 


 

© BNG Vilaboa 2007-2008| Inicio | Nós| Escríbenos