Edita: Consello Local BNG de Vilaboa
INFORMACIÓN MUNICIPAL
Voceiro Dixital do Bloque Nacionalista Galego de Vilaboa

O BNG CELEBROU NA TARDE DE ONTE UNHA XUNTANZA INFORMATIVA
Os veciños de Bértola indignados polo escurantismo das administracións coas subestacións eléctricas

Subestacións eléctricas en Bértola: ninguén sabe nada (05.05.10)

infobloque-vilaboa.com | 08/05/10 | (1)

Os membros do grupo municipal do BNG visitaron onte a parroquia de Bértola onde celebraron unha xuntanza informativa para dar conta da xestión levada a cabo polos nacionalistas para intentar sacar á luz as intencións tanto do Ministerio de Fomento como de Red Eléctrica Española (REE) de instalar sendas subestacións eléctricas na parroquia.

Ornela Fdez. Salgado e Tomás Boullosa que foron os que informaron aos veciños dos pasos dados, destacaron que todo este proceso que empezou a finais do mes de agosto do ano pasado, caracterizouse polo escurantismo oficial das administracións incluíndo a local que procuran que a construcción destas instalacións pase o máis desapercibidas posible, presentándoas como anexas ás obras do eixo atlántico de alta velocidade.

Advertiron que o xeito de proceder é o mesmo que Fomento puxo en práctica na N-554; dilatando a entrega dos proxectos constructivos, comezando as obras aproveitando os meses de verán onde a xente está máis relaxada, argumentando que os problemas se subsanarían sobre a marcha, etc. o que provocou que a obra sexa un completo desastre de principio a fin.

Pola súa banda os veciños mostráronse preocupados polo alto grao de desinformación que hai na parroquia e convencidos de que é necesaria a activación do movemento veciñal que impediu a instalación da empacadora hai xa máis de 10 anos e que permanece en "stand by" dende aquela. Os membros do grupo municipal do BNG ofreceron o seu apoio ás inicitivas de mobilización que mostren o claro rexeitamento da parroquia a que as súas propiedades se vexan enormemente deterioradas pola tránsito de liñas de alta tensión.

comentarios

1. Enviado por: Enrique, 2010-05-08 07:58:33 PDT

Que mágoa que non puidesemos asistir por motivos de traballo... grazas pola iniciativa
comenta esta noticia
 
Nome
Correo-e
Comentario

Debes cumprimetar tódolos campos. O correo electónico non se mostrará. O BNG de Vilaboa non se fai responsable do contido dos comentarios. Non se publicarán os comentarios ofensivos ou que sexan sospeitosos de non respetar a legalidade vixente.

 

Recebe no teu correo-e as novidades da Web

correo-e

Tamén podes receber gratuitamente as novidades no teu móbil enviando unha mensaxe coa palabra ALTA ao 650784558. (coste da mensaxe, según tarefas operadores). Para darte de baixa no servizo envía unha mensaxe coa palabra BAIXA.

Privacidade: O tratamento dos datos persoais está axustado á normativa establecida na Lei Orgánica 15/1999, de 13 de decembro, de Protección de Datos de Carácter Persoal (BOE 14/12/1999), e normativa de desenvolvemento.

MULTIMEDIA

NOTICIAS RELACIONADAS

 

Inicio | Nós| Escríbenos| © BNG Vilaboa 2007-2009. Autorízase a reproducción dos artigos (excepto os de opinión) sempre que se cite a fonte.