Edita: Consello Local BNG de Vilaboa
INFORMACIÓN MUNICIPAL
Voceiro Dixital do Bloque Nacionalista Galego de Vilaboa

RED ELÉCTRICA FALA AGORA DUNHA "SUBESTACIÓN BLINDADA"
Vilaboa é a única que non ten información sobre as subestacións eléctricas

infobloque-vilaboa.com | 20/05/10 | (0)

A Consellería de Industria ven de respostar á inicitiva parlamentar que presentou o BNG o pasado 15 de marzo, e na que se demandaba que a Consellería dera conta da información que dispoñía sobre a intención de REE (Red Eléctrica de España) de construir unha subestación eléctrica nos terreos que a antiga FENOSA posúe na parroquia de Bértola para abastecer outra subestación de tracción da liña do AVE, moi perto da primeira.

Nesta resposta o goberno galego dá conta de que lle foron remitidos cinco expedientes que a día de hoxe atópanse nese departamento tramitando a solicitude de autorización. Trátanse da xa coñecida liña subterránea de conexión entre as dúas subestacións (EXP: IN407A 2009/859), un segundo correspondente á construcción dunha LAT (liña de alta tensión), que se instalará nos terreos da futura subestación e que conectará esta coas liñas LOURIZÁN-TIBO e LOURIZÁN-PAZOS (EXP: IN407A 2010/66-4), un terceiro sen número de expediente correspondente a unha liña de conexión ente a futura subestación de Bértola e a subestación de tracción do AVE. Un cuarto expediente correspondente á futura subestación de tracción do AVE, e no que a Xunta argumenta que esta instalación non é competencia de REE senón do administrador de infraestructuras ferroviarias. Para rematar un quinto expediente (EXP: IN407A 2010/65-4), que corresponde a futura subestación de Bértola proxectada por REE, no que a Consellería dá unha información escueta, pero significativa para confirmar que existe o proxecto dende o 2007, ano no que a Consellería de Medio Ambiente resolveu que non era necesario someter á declaración de impacto ambiental nin de efectos.

A respecto da subestación grande, o goberno galego fala agora dunha "subestación blindada" sen especificar a superficie que ocupará, aínda que non están previstas expropiacións. Hai que recordar que no proxecto de canalización entre as dúas subestacións (EXP: IN407A 2009/859) figura un plano da subestación a ceo aberto que ocuparía máis de catro hectáreas.

Para Fernández Salgado, voceira municipal do BNG, "esta información ven a pór de manifesto que todo está perfectamente programado en canto a construcción sa futura subestación eléctrica de Bértola e que hai unha intencionalidade clara de ocultarlle información aos veciños. Non é admisible como o goberno local se escusa reiteradamente alegando falta de información para desentenderse do tema, cando nós cos recursos limitados cos que contamos, aínda que pouca algunha información imos conseguindo, e é a única coa que contan os veciñas e veciñas de Vilaboa". Admitiu que "é posible que REE esté reformando o proxecto inicial da subestación debido ao rexeitamento social da instalación, xa que o número de expediente corresponde ao ano 2010, cando na resposta falan de que o proxecto xa se presentou no ano 2007. "

comenta esta noticia
 
Nome
Correo-e
Comentario

Debes cumprimetar tódolos campos. O correo electónico non se mostrará. O BNG de Vilaboa non se fai responsable do contido dos comentarios. Non se publicarán os comentarios ofensivos ou que sexan sospeitosos de non respetar a legalidade vixente.

 

Recebe no teu correo-e as novidades da Web

correo-e

Tamén podes receber gratuitamente as novidades no teu móbil enviando unha mensaxe coa palabra ALTA ao 650784558. (coste da mensaxe, según tarefas operadores). Para darte de baixa no servizo envía unha mensaxe coa palabra BAIXA.

Privacidade: O tratamento dos datos persoais está axustado á normativa establecida na Lei Orgánica 15/1999, de 13 de decembro, de Protección de Datos de Carácter Persoal (BOE 14/12/1999), e normativa de desenvolvemento.

MULTIMEDIA

NOTICIAS RELACIONADAS

 

Inicio | Nós| Escríbenos| © BNG Vilaboa 2007-2009. Autorízase a reproducción dos artigos (excepto os de opinión) sempre que se cite a fonte.