TOMÁS BOULLOSA VOLVEU A REITERAR A POSTURA CONTRARIA DO BNG Á CONSTRUCCIÓN DA INSTALACIÓN NA PARROQUIA
O rexeitamento social obriga a REE a redeseñar a subestación de Bértola

IMPACTO VISUAL DO NOVO DESEÑO DA SUBESTACIÓN
infobloque-vilaboa.com | 22/05/10 | (1)  |
|
No día de onte, os membros da corporación municipal de Vilaboa, entre eles Ornela Fdez. Salgado e Tomás Boullosa Moure, voceira e concelleiro nacionalista respectivamente, asistiron a unha xuntanza na Subdelegación do Goberno, na que Rede Eléctrica de España (REE) expuxo a súa intención de facer unha subestación eléctrica en Bértola.
Nesa xuntanza informouse que REE ten previsto construír unha subestación de 220 kV, pero de menor tamaño que a prevista inicialmente. Os represantes da empresa informaron que por defecto sempre fan subestacións de intemperie normal, como poden ser a de Lourizán ou a de Tibo, porque lles resulta máis barata, pero que nos casos de lugares moi urbanos ou nos que hai un impacto e rechazo social optan por unha blindada, como vai ser neste caso. “Isto evidencia que a presión e rechazo social que se leva mostrando durante estes meses fixo que se cambiara de parecer, xa que os primeiros indicios eran que se ía construír unha subestación normal. Non ten outra explicación, xa que eles mesmos dixeron que coñecían a historia de Vilaboa por cuestións pasadas e que estaban ao tanto da situación actual polos medios de comunicación”, declarou Boullosa Moure.
Tamén informaron que a elección da ubicación foi polas facilidades que tiñan en Bértola, xa que os terreos eran de Fenosa, e so había que mercalos e porque por alí xa pasaba a liña de alta tensión e entón os custos serían máis baixos. Tamén dixeron que o prazo de execución era de non máis de 20 meses, xa que como é unha instalación necesaria e básica para o AVE ten que estar rematada e en servicio para finais do 2011.
Ante a pregunta de se había proxección de ampliación non o descartaron totalmente e dixeron que había que esperar a nova planificación eléctrica que o Ministerio de Industria ten previsto facer para o periodo 2012 – 2020, e que está en proceso de elaboración. “Pero hai que lembrar que na actualidade hai unha planificación feita para o periodo 2008 – 2016, e nela proxéctase a ampliación desta subestación para o ano 2015, debido a que a de Lourizan non se pode ampliar, e este último dato si que nolo confirmaron, que na subestación de Lourizan é inviable a súa ampliación”, afirmou o concelleiro nacionalista.
O actual proxecto desta subestación eléctrica está en proceso de tramitación e nos próximos meses espérase que saia a exposición pública, na que se abrirá un periodo de alegacións para todos os afectados e interesados.
comentarios |
1. Enviado por: Ramalleira, 2010-06-09 06:53:32 PDT
AÍnda que a mona se vista de seda mona queda. Subestacións en Bértola NON
|
comenta esta noticia |
 |