Edita: Consello Local BNG de Vilaboa
INFORMACIÓN MUNICIPAL
Voceiro Dixital do Bloque Nacionalista Galego de Vilaboa

ASÍ O RECOLLE O DOCUMENTO DE PLANIFICACIÓN DOS SECTORES A ENERXÍA ELÉCTRICA E DO GAS 2008-2016
Red Eléctrica re-potenciará a futura subestación de Bértola antes do 2016

Vilaboa é a única que non ten información sobre as subestacións (20.05.10)

infobloque-vilaboa.com | 22/05/10 | (0)

A futura subestación eléctrica que REE (Red Eléctrica de España) pretende construir na parroquia vilaboesa de Bértola e que erroneamente denomina "Tomeza", será repotenciada a curto prazo cun banco de condensadores para solucionar os problemas de tensións baixas  que sofren actualmente as subestacións de Portodemouros, Tibo e Lourizán, debido á forte demanda enerxética do sur de Galicia e o futuro abastecemento do eixo altántico de alta velocidade. Así o recolle o documento de planficación dos sectores da enerxía eléctrica e do gas 2008-2016 do Ministerio de Industria, Turismo e Comercio.

Premer sobre a imaxe para agrandar.

Este plan recolle a construcción da polémica subestación que todo mundo pretende ocultar aos veciños e veciñas, aínda que agora sábese que o proxecto existe cando menos dende o ano 2008. Contempla ademáis a conexión coas subestacións de Lourizán e Tibo con liñas de 220 kV e unha posterior repotenciación no entorno do ano 2012. A futura subestación  de Bértola  levará consigo a eliminación da existente na parroquia pontevedra de Pontesampaio no momento que a primeira entre en funcionamento.

Para a voceira municipal do BNG Ornela Fernández Salgado "é evidente que hai unha clara intencionalidade por parte das administracións públicas, tanto do Estado como a local, de ocultarlle aos veciños e veciñas da parroquia de Bértola información directa sobre estas polémicas instalacións. A construcción da subestación eléctrica no noso concello é unha "pataca quente" que non teñen moi claro como xestionala, sobre todo para o goberno local que preside Luis Poceiro", declarou hoxe Salgado.

"A día de hoxe non é admisible  o escurantismo que hai ao respecto destas construccións, cando nos estamos enterando que levan programadas dende o ano 2008, e os proxectos constructivos xa se remitiron ao exame, entre outros organismos, da Consellería de Industria da Xunta de Galicia hai máis de dous anos. Nestes últimos meses se non tivemos máis información foi porque o goberno local non se implicou como debera e estivo intentando que este asunto pasase o máis desapercibido posible, seguramente porque estamos a menos dun ano dunhass eleccións locais. A única información que se vai tendo, principalmente ven derivada das iniciativas parlamentares dos deputados do BNG, así como da presión mediática", recalcou a voceira municipal do BNG.

comenta esta noticia
 
Nome
Correo-e
Comentario

Debes cumprimetar tódolos campos. O correo electónico non se mostrará. O BNG de Vilaboa non se fai responsable do contido dos comentarios. Non se publicarán os comentarios ofensivos ou que sexan sospeitosos de non respetar a legalidade vixente.

 

Recebe no teu correo-e as novidades da Web

correo-e

Tamén podes receber gratuitamente as novidades no teu móbil enviando unha mensaxe coa palabra ALTA ao 650784558. (coste da mensaxe, según tarefas operadores). Para darte de baixa no servizo envía unha mensaxe coa palabra BAIXA.

Privacidade: O tratamento dos datos persoais está axustado á normativa establecida na Lei Orgánica 15/1999, de 13 de decembro, de Protección de Datos de Carácter Persoal (BOE 14/12/1999), e normativa de desenvolvemento.

MULTIMEDIA

NOTICIAS RELACIONADAS

 

Inicio | Nós| Escríbenos| © BNG Vilaboa 2007-2010. Autorízase a reproducción dos artigos (excepto os de opinión) sempre que se cite a fonte.