A DISPOSICIÓN NESTA WEB O MODELO DE ALEGACIÓN PARA OS VECIÑOS
A subestación eléctrica do AVE en Bértola será levada ao Congreso polo BNG
Salgado pede ao goberno municipal máis contundencia no rexeitamento a subestación eléctrica do AVE (30/09/09)

infobloque-vilaboa.com, 18/11/09. Ornela Fdez. Salgado, voceira municipal do BNG declarou hoxe que o seu grupo trasladará ao Congreso dos Deputados unha serie de cuestións relativas á pretensión de Fomento de construir unha subestación eléctrica na parroquia de Bértola para abastecer a electrificación das liñas do AVE.
Salgado que participou onte na xuntanza do Concello con veciños da parroquia para expoñerlle a situación actual, advertiu dos importantes inconvintes desta instalación na parroquia e animou a todos aqueles que se poidan sentir afectados a asinar as alegacións para impedir esta construcción. O prazo para a entrega remata este venres.
Salgado anunciou que a través da deputada do BNG no Congreso Olaia Fdez. Davila pedirá ao Ministerio de Fomento información sobre os proxectos do Centro de Transformación e a futura suvestación de Bértola, xa que a única información da que se dispón no Concello e un proxecto de acometida subterránea entre as dúas instalacións pro un vial provincial. Asimesmo demandará do goberno central explicacións de porqué estas dúas instalacións non están incluídas no proxecto constructivo do "Eixo Atlántico de Velocidade".
Finalmente lamentou que a tardanza na aprobación do PXOM, que estivo sete anos paralizado polo goberno municipal, propicie situacións coma esta, onde o Concello non conta coas ferramentas urbanísticas axeitadas para ordenar este tipo de instalacións.

comentarios recibidos (2)
2. Enviado por: roxo, 2009-11-28 08:24:01 PST
a foto da noticia ,como supoño que saberedes, non corresponde co espazo que pretende ocupar a pretendida subestación. |
1. Enviado por: triskel, 2009-11-21 13:16:07 PST
De vergonza!
A labor do goberno neste tema non pode calificarse mais que de vergonza..
estando no mesmo partido politico e nin sequera se enteiran das intencions do seu propio grupo en madrid!
Absolutamente denigrante.. os veciños de Bértola estamos fartos de que se nos empaquete absolutamente todo!
volveremos o de sempre... se isto non se amaña.. caña caña caña! |
comenta esta noticia

       |
|
AXENDA |
NOTICIAS RELACIONADAS
|