FOMENTO LICITA AS OBRAS E O CONCELLO DI QUE SE ESTÁ A REDACTAR O PROXECTO
Fernández Salgado pede ao goberno municipal máis contundencia no rexeitamento a subestación eléctrica do AVE

infobloque-vilaboa.com, 30/09/09. Ornela Fdez. Salgado declarou hoxe que o gobeno municipal encabezado polo seu alcalde debe ser máis claro e contundente no rexeitamento a instalación dunha subestación eléctrica para o AVE no noso concello. Desde fai semanas os veciños e veciñas da parroquia de Bértola, así llo fixeron ver ao grupo municipal do BNG, mostránse preocupados ante esta posibilidade.
Despois de que no anterior pleno se lle preguntase ao goberno municipal sobre este asunto, e sen recibir ningunha resposta clarificadora por parte súa, no pleno que se vai celebar no día de hoxe, hai unha proposta da Alcaldía sobre este asunto. A proposición da Alcaldía radica en solicitar ao Ministerio de Fomento que non haxa máis afeccións, pero non deixa clara a oposición á instalación dunha subestación eléctrica no noso concello, o cal debería ser o acordo fundamental.
“O informe contén datos contradictorios, que veñen a demostrar ou ben que o Ministerio de Fomento non toma en serio ao concello de Vilaboa ou que o goberno municipal oculta información”, di Ornela Fernández. Ao que se refire a portavoz do BNG é a que se di que nestes días membros do goberno tiveron conversas co Ministerio, e desde alí se lles dixo que está actuación está pendente de elaboración do correspondente proxecto, pero se ben é certo e que no día de onte o Ministerio de Fomento dou conta publicamente da licitación das obras de electrificación do tramo do AVE Vigo – A Coruña, ubicando unha das tres subestacións a construír entre Bértola e Tomeza.
“Esta proposta non é nada contundente e debería tomarse o acordo de deixarlle claro ao Ministerio de Fomento a rotunda oposición a esta construcción xa que ven a agravar a delicada situación das parroquias de Figueirido e Bértola, sobrecargada de grandes infraestructras extramunicipais que implican unha gran carga de afeccións mentres pola contra padecen unha gran falla de infraestructuras locais, que son as que usan os nosos veciños acotío". Tamén reocordou que "o goberno municipal é culpable subsidiario desta situación, xa que de haber un Plan Xeral de Ordenación Municipal aprobado en tempo, Vilaboa aforraríase moitos destes problemas, xa que as obras de infraestructura virían determidas polo Plan Xeral e non polo libre alveldrío do Ministerio de Fomento que está destrozando as nosas parroquias".

comenta esta noticia

       |
|
AXENDA |
|