Edita: Consello Local BNG de Vilaboa
 
INFORMACIÓN MUNICIPAL
Voceiro Dixital do Bloque Nacionalista Galego de Vilaboa

FERNÁNDEZ SALGAGO: "AGORA SÓ FAI FALLA QUE O GOBERNO MUNICIPAL CUMPLA"
Vilaboa limitará o trafico de camións das obras do AVE polos viais locais

Dúas ordenanzas propostas polo BNG para rematar co abuso das empresas ... (13/02/10)

infobloque-vilaboa.com | 25/02/10 | (1)

O Pleno de Vilaboa ven de aprobar, por unanimidade, a moción presentada polo grupo municipal do BNG na que se solicitaba a aprobación e entrada en vigor da ordenanza de transporte pesado que se adxuntaba e que ten como obxetivo fundamental que desde o concello se poidan marcar as directrices e limitacións ao paso de camións nas obras do AVE, sitas nos lugares de Figueirido, Bértola, pero sobre todo en Paredes.

O BNG lembra que, en reiteradas ocasións, os veciños e veciñas de Paredes solicitáronlle ao goberno que se colocasen sinais de prohibido o paso a transporte de gran tonelaxe, para así poder limitar o continuo tránsito destes camións, e o goberno non fixo caso. “Os veciños e veciñas de Paredes levan máis dun ano e medio, desde que comezaron as obras do AVE, soportando un verdadeiro calvario polo continuo tránsito de camións e, por tanto, por todas as incomodidades e molestias que iso supón. O que non se pode tolerar é a deixadez por parte do goberno municipal, o cal sempre se escusou en que non había normativa municipal para actúar e parar con esta práctica, pero en ningún momento tomou a decisión de emprender a elaboración dun regulamento, de aí que nós tomasemos a iniciativa e elaboramos e presentamos esta ordenanza”, declarou Fernández Salgado.

Outra consecuencia do paso constante de camións que motivou ao BNG para presentar esta iniciativa é o deterioro do vial principal de Paredes. Nesta dirección, na moción tamén se aprobou instar á empresa adxudicataria da obra a reparación de todo aquel deterioro producido nos viais municipais polos que transita. “Agora que xa non hai escusas posibles para exercer a competencia municipal esperamos que o Alcalde non continúe con esa connivencia coas empresas do AVE e aplique e faga cumprir a ordenanza para que non se siga a producir daños e prexuizos aos veciños e veciñas de Paredes”, afirmou Fernández Salgado.

comentarios

1. Enviado por: Apolítico , 2010-02-25 12:37:43 PST

Está ben o da ordenanza pero, por que non crear unha ordenanza de circulación para todo o concello, na que se controlara este tipo de transporte??
Por outro lado.........quen vai controlar o cumprimento da mesma? si neste momento só hai un policía local en horario de maña, paréceme de chiste facer unha ordenanza sin ter quen vixile o seu cumprimento
comenta esta noticia
 
 
Nome
Correo-e
Comentario

Debes cumprimetar tódolos campos. O correo electónico non se mostrará. O BNG de Vilaboa non se fai responsable do contido dos comentarios. Non se publicarán os comentarios ofensivos ou que sexan sospeitosos de non respetar a legalidade vixente.

 

Recebe no teu correo-e as novidades da Web

correo-e

Tamén podes receber gratuitamente as novidades no teu móbil enviando unha mensaxe coa palabra ALTA ao 650784558. (coste da mensaxe, según tarefas operadores). Para darte de baixa no servizo envía unha mensaxe coa palabra BAIXA.

Privacidade: O tratamento dos datos persoais está axustado á normativa establecida na Lei Orgánica 15/1999, de 13 de decembro, de Protección de Datos de Carácter Persoal (BOE 14/12/1999), e normativa de desenvolvemento.

AXENDA

NOTICIAS RELACIONADAS

 

Inicio | Nós| Escríbenos| © BNG Vilaboa 2007-2009. Autorízase a reproducción dos artigos (excepto os de opinión) sempre que se cite a fonte.