Edita: Consello Local BNG de Vilaboa
 
INFORMACIÓN MUNICIPAL
Voceiro Dixital do Bloque Nacionalista Galego de Vilaboa

O USO DE EXPLOSIVOS NO TÚNEL DE FONTE QUENTE CAUSARON DANOS NAS VIVENDAS
O BNG pregunta no Congreso sobre o uso dos explosivos nas obras do AVE en Paredes

Os explosivos usados nas obras do AVE en Paredes causan danos... (26/01/10)

infobloque-vilaboa.com | 02/02/10 | (0)

As obras de excavación do túnel da liña do Eixo Atlántico de Alta Velocidade que se están acometendo en Paredes, concretamente no lugar de Fonte Quente están ocasionando danos nas vivendas próximas debido ao uso de explosivos. A falla de previsión á hora de executar a construcción deste túnel de preto de 700 metros de lonxitude está levando a preocupación aos veciños de lugar.


Como medida preventiva realizouse un protocolo de fendas que determinou a situación das construccións antes do inicio da obra. Sen embargo, como consecuencia da construcción do túnel están aparecendo as primeiras fendas nas vivendas dos veciños e veciñas de Paredes, incluso esta fin de semana caiu o tellado dunha delas, sen que o Ministerio de Fomento responda de maneira adecuada a este problema.


Por todo isto, o BNG considera oportuno e importante que o Ministerio de Fomento se pronuncie respeto a esta problemática que teñen os veciños e veciñas de Paredes e fixeron chegar esta situación ao Congreso dos Deputados, a través da súa parlamentaría Olaia Fernández Davila. Na iniciativa presentada pregúntaselle ao Ministerio varias cousas: se está cumprindo as condicións ambientais e de seguridade no uso de explosivos na construcción do túnel de Fonte Quente; se está vixiando a situación das vivendas afectadas; se o Ministerio ordenou a reparación dalgunha desas vivendas; e, por último, se en vista dos danos producidos, o Goberno valora unha modificación á baixa dos parámetros para o uso dos explosivos en lugares habitados.

comenta esta noticia
 
Nome
Correo-e
Comentario

Debes cumprimetar tódolos campos. O correo electónico non se mostrará. O BNG de Vilaboa non se fai responsable do contido dos comentarios. Non se publicarán os comentarios ofensivos ou que sexan sospeitosos de non respetar a legalidade vixente.

 

Recebe no teu correo-e as novidades da Web

correo-e

Tamén podes receber gratuitamente as novidades no teu móbil enviando unha mensaxe coa palabra ALTA ao 650784558. (coste da mensaxe, según tarefas operadores). Para darte de baixa no servizo envía unha mensaxe coa palabra BAIXA.

Privacidade: O tratamento dos datos persoais está axustado á normativa establecida na Lei Orgánica 15/1999, de 13 de decembro, de Protección de Datos de Carácter Persoal (BOE 14/12/1999), e normativa de desenvolvemento.

AXENDA

INICIATIVA PARLAMENTAR

NOTICIAS RELACIONADAS

 

Inicio | Nós| Escríbenos| © BNG Vilaboa 2007-2009. Autorízase a reproducción dos artigos (excepto os de opinión) sempre que se cite a fonte.