INICIATIVA DO BNG NO PARLAMENTO GALEGO
Os explosivos usados nas obras do túnel do AVE en Paredes causan danos nas vivendas

infobloque-vilaboa.com | 26/01/10 | (0) |
|
As obras de excavación do túnel da liña do Eixo Atlántico de Alta Velocidade que se están acometendo en Paredes, concretamente no lugar de Fonte Quente están ocasionando danos nas vivendas próximas debido ao uso de explosivos. A falla de previsión á hora de executar a construcción deste túnel de preto de 700 metros de lonxitude está levando a preocupación aos veciños de lugar.
Aínda sendo competencia do Ministerio de Fomento a realización das obras, tamén é certo que todo o referente ao control ambiental dos explosivos é competencia da Consellería de Economía e Industria da Xunta de Galicia, polo que a través do deputado nacionalista Bieito Lobeira, o BNG ven de presentar unha iniciativa no Parlamento Galego para que a Consellería se implique na defensa dos dereitos das veciñas e veciños afectados, comenzando pola propia seguranza física das persoas e vivendas.
Lobeira demanda da Consellería de Economía e Industria resposta escrita a se ten coñecemento do impacto e fendas que as obras de execución do AVE están a provocar en Paredes. Tamén se interesa polo grao de cumprimento das condicións ambientais e de protección ás vivendas e tendo en conta os danos producidos cales son as medidad previstdas articular ou demandar do Goberno español para a urxente reparación e indemnización nas vivendas afectadas.
comenta esta noticia |

       |
|
AXENDA |
INICIATIVA PARLAMENTAR
NOTICIAS RELACIONADAS
|