A POSTA EN FUNCIONAMENTO DA LIÑA DA ALTA VELOCIDADE DEIXARAAS EN DESUSO
O BNG preguntará no Congreso sobre o uso que van ter as vellas vías do tren
infobloque-vilaboa.com, 02/12/09. O grupo municipal do BNG fará chegar á deputada nacionalista no Congreso dos Deputados Olaia Fdez. Davila unha interpelación dirixida ao Ministerio de Fomento sobre cales son as intencións do goberno central no uso que van ter as vellas vías do tren ao seu paso por Vilaboa, unha vez que entre en funcionamento o treito Eixo Atlántico de alta velocidade, así como os eficios anexos. |
|

|
A finais de 2008 o Congreso dos Deputados xa aprobara unha moción do BNG na que se instaba a manter ao goberno as vías ferreas que queden a excepción de uso pola apertura dos novos trazados de alta velocidade, a traspasar esas infraestructuras á Xunta de Galicia, interconectar ambas redes e a que o goberno galego participe na planificación e na programación de infraestructuras ferroviarias.
Pero o cero é que a día de hoxe aínda non hai unha decisión tomada por parte do goberno central, reacio á creación dun tren de proximidade no noso país, argumentando escaseza de demanda. Está claro que se non hai servizo, non se pode valorar a demanda, polo que o grupo municipal do BNG insta ao Ministerio a definirse. Preguntará tamén se no caso de que non teña comtemplado nengún uso para estas vias, se barallou a opción de cedelas, así como as instalacións anexas ao Concello de Vilaboa.

comenta esta noticia

       |
|
AXENDA |
NOTICIAS RELACIONADAS
|