Edita: Consello Local BNG de Vilaboa
INFORMACIÓN MUNICIPAL
Voceiro Dixital do Bloque Nacionalista Galego de Vilaboa

O GRUPO MUNICIPAL NACIONALISTA VISITA CON VECIÑOS AS EIVAS DA CONSTRUCCIÓN
O AVE aílla parte de Figueirido

As obras do AVE tamén paradas (23.06.10)

infobloque-vilaboa.com | 28/06/10 | (0)

Membros do grupo municipal do BNG encabezados pola súa voceira Ornela Fdez. Salgado e o concelleiro da parroquia Tomás Boullosa visitaron este sábado na compañía de veciños de Figueirido as obras do AVE ao seu paso pola parroquia vilaboesa de Figueirido onde poideron comprobar as numerosas deficiencias que esta obra deixa ao seu paso.

As principais reclamacións dos veciños xiran en torno ao illamento das veigas do marxe esquerda da plataforma que están construíndo para as vías, as cales quedaron sen acceso para os vehículos agrícolas ao non estar previstos viais de servizo e sen canalización da auga necesaria para o rego. As máis afectadas as de Balteiro e as da Porta. A voceira municipal Ornela Fdez. Salgado demandoulle a Fomento que se acometa unha infraestructura de canalización das augas de rego para que as propiedades poidan facer uso da auga en iguais condicións que antes das obras.

Tamén denunciaron o aterramento do acceso do camiño da Espiñeira con saída en Santa Comba cun grande terraplén de terra vexetal o que imposibilitará no futuro o uso deste camiño. Tomás Boullosa demandou que se restaure a entrada con xabre e unha disminución da pendente para que a curto prazo non pase a engrosar a longa lista municipal de camiños desaparecidos. Outra preocupación manifesta entre os habitantes da parroquia é a construcción da ponte que comunica ambos marxes das vías que parece variar con respecto ao acordado cos veciños.

Para rematar demandaron que as obras se executen dacordo aos prazos previstos e anunciaron que non están dispostos a asumir retrasos na construcción do tramo ao seu paso pola parroquia, xa que está alterando notablemente o seu ritmo cotián de vida e provocando un deterioro físico realmente importante na parroquia.

comenta esta noticia
 
Nome
Correo-e
Comentario

Debes cumprimetar tódolos campos. O correo electónico non se mostrará. O BNG de Vilaboa non se fai responsable do contido dos comentarios. Non se publicarán os comentarios ofensivos ou que sexan sospeitosos de non respetar a legalidade vixente.

 

Recebe no teu correo-e as novidades da Web

correo-e

Tamén podes receber gratuitamente as novidades no teu móbil enviando unha mensaxe coa palabra ALTA ao 650784558. (coste da mensaxe, según tarefas operadores). Para darte de baixa no servizo envía unha mensaxe coa palabra BAIXA.

Privacidade: O tratamento dos datos persoais está axustado á normativa establecida na Lei Orgánica 15/1999, de 13 de decembro, de Protección de Datos de Carácter Persoal (BOE 14/12/1999), e normativa de desenvolvemento.

NOTICIAS RELACIONADAS

 

Inicio | Nós| Escríbenos| © BNG Vilaboa 2007-2009. Autorízase a reproducción dos artigos (excepto os de opinión) sempre que se cite a fonte.