Edita: Consello Local BNG de Vilaboa
INFORMACIÓN MUNICIPAL
Voceiro Dixital do Bloque Nacionalista Galego de Vilaboa

O GRUPO MUNICIPAL DO BNG CONSTATOU UNHA PARÁLISE DAS OBRAS TANTO EN VILABOA, BÉRTOLA E FIGUEIRIDO
As obras do AVE tamén paradas

infobloque-vilaboa.com | 23/06/10 | (0)

O BNG de Vilaboa constatou que as obras do AVE ao seu paso polo termo municipal están practicamente paralizadas debido á falta de liquidez económica das empresas que efectúan ás obras ao non poderen afrontar os incumprimentos económicos por parte do Ministerio de Fomento. Esta paralización, da que se descoñece o prazo, pode ser de varios meses. De feito, o ministro Blanco falou xa de retraso dun ano na posta en marcha do AVE Vigo-Pontevedra, agora datado para o ano 2013.

Isto ten e vai ter graves consecuencias no noso termo municipal. En primeiro lugar, moitos traballadores veciños do noso concello xa foron enviados para as súas casas, contribuíndo a aumentar as nosas intolerables taxas de paro, no entorno dos 600 parados. A paralización tamén vai ter conseuencias nas parroquias de Vilaboa, Figueirido e Bértola polo abandono en que estarán unhas grandes obras no medio de núcleos densamente habitados como Paredes,  Balteiro ou O Alcouce. O abandono significa falta de mantemento nunha traza na que medrarán a silva e a xesta e emisións de pó ampliadas.

As infraestruturas viarias que foron pechadas polo AVE permanecerán meses pechadas: son pistas locais e estradas provinciais que foron cortadas para construír pasos elevados agora parados. Estradas pechadas e desvíos provisionais serán permanentes durante meses. Vai ampliarse en meses, tamén, a falta de reposición das canles de rego das propiedades dos veciños. Tamén umentan exponencialmente con esta situación a posibilidade de que se reproduzan as enchentes do inverno pasado e os danos que produciron nas veigas e negocios.

Ante isto, o BNG solicita a inmediata xuntanza da comisión de obras do AVE creada a instancias do noso grupo, e nunca reunida polo grupo de goberno a fin de adoptar as medidas necesarias para poñer fin a esta situación. Así mesmo, o BNG trasladará ao Grupo Parlamentar das Cortes esta situación para que o ministerio de Fomento responda das medidas que pensa adoptar.

comenta esta noticia
 
Nome
Correo-e
Comentario

Debes cumprimetar tódolos campos. O correo electónico non se mostrará. O BNG de Vilaboa non se fai responsable do contido dos comentarios. Non se publicarán os comentarios ofensivos ou que sexan sospeitosos de non respetar a legalidade vixente.

 

Recebe no teu correo-e as novidades da Web

correo-e

Tamén podes receber gratuitamente as novidades no teu móbil enviando unha mensaxe coa palabra ALTA ao 650784558. (coste da mensaxe, según tarefas operadores). Para darte de baixa no servizo envía unha mensaxe coa palabra BAIXA.

Privacidade: O tratamento dos datos persoais está axustado á normativa establecida na Lei Orgánica 15/1999, de 13 de decembro, de Protección de Datos de Carácter Persoal (BOE 14/12/1999), e normativa de desenvolvemento.

NOTICIAS RELACIONADAS

 

Inicio | Nós| Escríbenos| © BNG Vilaboa 2007-2009. Autorízase a reproducción dos artigos (excepto os de opinión) sempre que se cite a fonte.