A VOCEIRA NACIONALISTA DEMANDARÁ INFORMACIÓN
Quen controla os acopios de terra das obras de Fomento en Vilaboa?
O AVE aílla parte de Figueirido (28.06.10)

infobloque-vilaboa.com | 11/07/10 | (2) |
|
A portavoz do BNG, Ornela Fernández Salgado, ven de anunciar hoxe que para o vindeiro pleno deste mes de xullo o seu grupo vai presentar unha pregunta por escrito solicitando información polos vertidos de terra que se están facendo en diversos lugares do Concello.
Desde que comezaron as obras do AVE e da N-554 ubicáronse diferentes vertedeiros de terra e escombros en diferentes lugares do Concello, sendo un dos máis destacables o que está situado na parroquia de Santa Cristina de Cobres, no medio do monte. Outro que destacan os nacionalistas é o que está ubicado xunto ás obras do AVE en Bértola, no mesmo lugar onde vai ir unha das subestacións eléctricas desta parroquia, concretamente a de Fomento, na Ramalleira. “Son unha barbaridade, e cada día os camións non paran de depositar terra neles sen que haxa ningún tipo de control. Concretamente o de Santa Cristina é dunha gran evergadura, xusto no medio do monte, con todas as consecuencias e perigos que poden supor, como pode ser desprendementos en día de chuvia ou os efectos que pode causar na vexetación. No caso do da Ramalleira hai que ter en conta que o río pasa cerca do lugar, con todo o que iso supón”, afirmou Fdez. Salgado.
Para os nacionalistas, o concello debe vixiar e controlar estes vertidos, os cales deberían contar cos permisos pertinentes, pero que non parece que teñan. Por todo isto, no vindeiro pleno, van preguntarlle ao goberno municipal si son conscientes desta situación, se está habendo un control continuo e estricto dos vertidos e se a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestructuras están informados destas verteduras.
comentarios |
3. Enviado por: Lucía Rosendo, 2010-07-13 04:23:28 PDT
Todos os concellos e organismos están un pouco abandonados pero neste concello impera a lei do mais forte. Non se aplica a lexislación en ningún ambito así que os que teñen menos escrupulos fan o que lle da a gana e o resto cala. |
2. Enviado por: Enrique, 2010-07-12 09:18:57 PDT
Bravo.... Ornela. xa vai sendo hora de que saquen un pouco a cabeza de debaixo da terra. |
1. Enviado por: David , 2010-07-12 22:16:43 PDT
Ola.
Por desgraza vexo que os da zona de Postemirón quedamos olvidados destas denuncias de escombreiras ilegais.
O lado de Postemirón, pero en terreo da comunidade de montes de Figueirido, alí si que se votaron cantidades inxentes de terra, nos pedimos que o concello controlase que os vertidos foran de acordo a un Proxecto (que neste caso si existe) pero ninguén nos fixo caso, este proxecto que debe de estar mal feito xa que coas choivas do inverno, moita terra marchou polo monte a baixo.
E que me dicides da cantidade inmensa de terra que se esta a votar onda a explanada do cuartel(onde aparcan os soldados), tamén en terreos da comunidade de montes de Figueirido (inda que segun o Cuartel de Figueirido son deles e non dos veciños), aquí estase a verter moita terra e neste caso non hai ningún tipo de permiso nin proxecto, so o beneplácito da Comunidade de Montes de Figueirido. E tamén hai que dicir que esta terra estase a votar enriba dun monte que estaba reforestado con frondosas a través dunha subvención da Xunta, e aquí ninguén fai nada, as administracións parecen pechar os ollos, ante o abuso contra o monte.
|
comenta esta noticia |
 |
|
NOTICIAS RELACIONADAS
|