TRÁTASE DUNHA OBRA QUE SE REALIZA CON CARGO AOS FONDOS DO SEGUNDO "PLAN E"
O BNG pregunta no Congreso polo impedimento de Fomento ao paso da rede de abastecemento de auga de Paredes pola N-550

infobloque-vilaboa.com | 10/06/10 | (0) |
|
O BNG ven de rexistrar, a través da súa parlamentaria Olaia Fdez. Davila, unha iniciativa no Congreso dos Deputados, na que demanda ao Ministerio de Fomento información e explicacións sobre os motivos para non permitir o paso da rede de abastecemento de auga de Paredes pola N-550.
No lugar de Paredes estánse a construír os ramais secundarios da rede de abastecemento de auga deste barrio, concretamente na parte baixa do lugar.
As obras comezaron xa fai unhas semanas, pero ata esta semana atópabanse paralizadas por motivo de que teñen que pasar pola N-550 e o Ministerio de Fomento non lles permitía pasar as canalizacións pola estrada. “O BNG xa manifestou fai un mes esta situación e remitiu á deputada nacionalista no Congreso dos Deputados esta problemática para que presentara unha iniciativa”, declarou Fdez. Salgado.
Hai que recordar que esta obra fora consensuada entre todos os grupos para que se financiase a cargo do Fondo Estatal de Emprego e de Sostibilidade Local (FEESL), tamén coñecido como 2º Plan E. Esta obra ten un presuposto de 60.946,99€ e un prazo de execución de dous meses e xa sufriu unha prórroga para a certificación das obras do Plan E a causa dos atrancos do Ministerio de Fomento.
“A falta de xestión do goberno municipal levou a que tivese que presentar un proxecto que ten que ser autorizado por Madrid o que engade novos retrasos. Esta zona de Paredes están urbanizada a ambas beiras da estrada, beirarrúas incluídas, polo que non ten sentido que o Ministerio de Fomento non colabore para dotar de servizos urbanos a este lugar. A isto hai que engadir que hai pozos non potables o que obriga á xente a acudir ás fontes para dotarse de auga potable, e isto agudízase na tempada de verán.”, declarou Fernández Salgado.
Na inciativa pregúntase a qué se debe a negativa do Ministerio a permitir o paso pola N-550. Tamén se pregunta se o Ministerio é consciente de que é unha actuación urxente e que forma parte do Plan E. Se sabe o Ministerio que os veciños e veciñas do lugar están sen servizo de auga mentras non se acomete esta obra, e por último cal é a disposición do Ministerio para axilizar os trámites para rematar a obra.
comenta esta noticia |
 |
|
NOTICIAS RELACIONADAS
|