Edita: Consello Local BNG de Vilaboa
INFORMACIÓN MUNICIPAL
Voceiro Dixital do Bloque Nacionalista Galego de Vilaboa

O BNG VAI PRESENTAR UNHA INICIATIVA NO CONGRESO DOS DEPUTADOS
Parte de Paredes segue sen abastecemento de auga pola negativa de Fomento a deixar cruzar a rede na N-550

infobloque-vilaboa.com | 12/05/10 | (0)

Os veciños do barrio vilaboés de Paredes seguen sen abastecemento de auga potable a causa da negativa do Ministerio de Fomento de permitir o paso da rede pola plataforma da estrada N-550. As obras desta rede que vai abastecer á zona baixa de Paredes comenzaron hai unhas semanas pero nestes momentos atópanse paralizadas co conseguinte malestar veciñal. Esta obra que conta cun orzamenteo de máis de 60 mil euros, forma parte do paquete de proxectos que se aprobaron con cargo ao segundo Plan E (Fondo Estatal de Emprego e Sostenibilidade Local) e que contaron coa unanimidade da corporación local.

A voceira municipal do BNG Ornela Fernández Salgado salientou hoxe que varias cerificacións desta obra sufriron retrasos a causa das trabas que pon Fomento . Por outra banda tamén indicou que " a falla de xestión do goberno municipal levou a que se tivese que facer un novo proxecto para este tramo de canalización que ten que ter a conformidade do Ministerio de Fomento, o que implica máis retrasos aínda". Pediulle ao ministerio celeridade e a máxima colaboración xa que esta parte do barrio está urbanizada a ambas beiras da estrada e precisa urxentemente a dotación dun servizo básico como é o abastecemento de auga potable.

Por todo isto anunciou que o seu grupo vai dar traslado dunha inicitiva a deputada do BNG no Congreso dos Deputados Olaia Fernández Davila, na que se insta ao Ministerio a actuar coa máxima celeridade para que autorice o uso da plataforma da N-550 para a canalización da rede de abastecemento de auga potable.

comenta esta noticia
 
Nome
Correo-e
Comentario

Debes cumprimetar tódolos campos. O correo electónico non se mostrará. O BNG de Vilaboa non se fai responsable do contido dos comentarios. Non se publicarán os comentarios ofensivos ou que sexan sospeitosos de non respetar a legalidade vixente.

 

Recebe no teu correo-e as novidades da Web

correo-e

Tamén podes receber gratuitamente as novidades no teu móbil enviando unha mensaxe coa palabra ALTA ao 650784558. (coste da mensaxe, según tarefas operadores). Para darte de baixa no servizo envía unha mensaxe coa palabra BAIXA.

Privacidade: O tratamento dos datos persoais está axustado á normativa establecida na Lei Orgánica 15/1999, de 13 de decembro, de Protección de Datos de Carácter Persoal (BOE 14/12/1999), e normativa de desenvolvemento.

AXENDA

 

NOTICIAS RELACIONADAS

Inicio | Nós| Escríbenos| © BNG Vilaboa 2007-2009. Autorízase a reproducción dos artigos (excepto os de opinión) sempre que se cite a fonte.