Edita: Consello Local BNG de Vilaboa
 
INFORMACIÓN MUNICIPAL
Voceiro Dixital do Bloque Nacionalista Galego de Vilaboa

IRONIZA CON QUE "NON ESTABA NO SEU PROGRAMA ELECTORAL".
Fernández Salgado preguntará ao goberno local polo "asfaltado de praias e parques"

A praia de Deilán impresentable para recibir aos primeiros bañistas do ano

infobloque-vilaboa.com, 03/06/09. A voceira nacionalista arremeteu hoxe contra o goberno municipal socialista á conta do disparatado asfaltado de parques e zonas de praia que está acometendo no noso Concello. Se hai escasos días denunciabamos o recheo de baches na pista de xabre que une a praia de Deilán co muelle con reciclado de asfalto, esta fin de semana fomos testemuñas da insensatez de que nos goberna, esta vez no parque da canteira de Paredes.

Ao igual que no caso da praia de Deilán as irregularidades que había na explanada que rodea o local social foron "discretamente subsanadas" con reciclado de asfalto. Os asistentes que acudiron esta fin de semana pasada ao acto electoral do BNG, mostráronnos o seu enfado por tal actuación e o seu desexo de que se arranxe a desfeita.

Fernández Salgado demandará dos socialistas explicacións pola imprudente actuación que levou a cabo o goberno municipal, de quen partiu a orde e si o concelleiro de medio ambiente avalou estas actuacións. Esixirá a retirada do material e a substitución por xabre, material utilizado no entorno, tanto do parque da canteira como na praia de Deilán. -" Por moito que o busquei no seu programa electoral, non atopei o punto onde prometían que asfaltarían parques e praias. En cambio no que se refire as súas promesas medioambientais , mediada a lexislatura aínda non moveron un papel."- ironizou Salgado. Tamén solicitará que se proceda ao desbroce do parque xa que a maleza chega á altura das ventás do local na parte posterior.

QUEIXAS DOS BAÑISTAS

Tal e como o advertíamos a semana pasada, sobre o estado nada apropiado da praia de Deilán para recebir aos primeiros bañistaas do ano, os que acudiron esta fin de semana xa nos manifestaron o seu descontento polo estado do areal, cheo de grandes pedras que non foron retiradas, e da suciedade. Por avisalos con tempo non foi.

 

comentarios recibidos (5)

5. Enviado por: Muchacha!!, 2009-06-04 13:55:03 PDT

  Bahh! non queda tan mal, dalle un toque moderno. Que carallo lle pedides a estes que gobernan?? o único no que pensan é en facer o que sexa por catro votiños e non se dan conta destas cousas que valoramos a inmensa maioría. Este goberno está agotado, deixade paso a outros!!! e renovarvos un pouco!

4. Enviado por: Un erro teno calquera, 2009-06-04 09:04:43 PDT

O Concelleiro de Obras e Medio Ambiente confundiu as súas funcións e asfaltou praias e parques. Como sodes! Un fallo teno calquera, hom.

3. Enviado por: Socialista, 2009-06-04 05:11:42 PDT

  Este proxecto esta acabado e a xente nova que está no grupo de goberno que carallo aporta.

2. Enviado por: Pepe, 2009-06-03 09:34:08 PDT

En la pista que rodea el parque de Riomaior hicieron lo mismo bacheando con esa porquería negra...

1. Enviado por: Chapapote, 2009-06-03 05:30:12 PDT

Debese saber quen é o responsable desta desfeita, e se ten algo de vergonza que dimita ou senon con  carretilla e pala a quitalo á vista de todos para que se saiba quen non se pose presentar outra vez nunha ista electoral ata os maiores de Paredes están cabreados.

comenta esta noticia

Nome
Correo-e
Comentario

Debes cumprimetar tódolos campos. O correo electónico non se mostrará. O BNG de Vilaboa non se fai responsable do contido dos comentarios. Non se publicarán os comentarios ofensivos ou que sexan sospeitosos de non respetar a legalidade vixente.

 

Recebe no teu correo-e as novidades da Web

correo-e

Tamén podes receber gratuitamente as novidades no teu móbil enviando unha mensaxe coa palabra ALTA ao 650784558. (coste da mensaxe, según tarefas operadores). Para darte de baixa no servizo envía unha mensaxe coa palabra BAIXA.

Privacidade: O tratamento dos datos persoais está axustado á normativa establecida na Lei Orgánica 15/1999, de 13 de decembro, de Protección de Datos de Carácter Persoal (BOE 14/12/1999), e normativa de desenvolvemento.

AXENDA

 

 

NOTICIAS RELACIONADAS

 

Inicio | Nós| Escríbenos| © BNG Vilaboa 2007-2009. Autorízase a reproducción dos artigos (excepto os de opinión) sempre que se cite a fonte.