Edita: Consello Local BNG de Vilaboa
 
INFORMACIÓN MUNICIPAL
Voceiro Dixital do Bloque Nacionalista Galego de Vilaboa

O DEPUTADO BIEITO LOBEIRA DEMANDA SOLUCIÓNS Á CONSELLERÍA DE INDUSTRIA
Os apagóns da Cardiña chegan ao Parlamento Galego

Os apagóns na Cardiña serán levados ao Parlamento Galego (12/01/10)

infobloque-vilaboa.com | 23/01/10 | (0)

O deputado do BNG no Parlamento Galego Bieito Lobeira ven de apresentar esta semana unha iniciativa no Palamento Galego para que a Consellería de Industria dea conta das medidas que vai adoptar para solucionar os continuos apagóns que se veñen sucedendo nos últimos meses no barrio da Cardiña na parroquia de San Adrián de Cobres.

Lobeira demanda información da consellería en relación ao número de cortes de subministro eléctricos producidos neste período, que medidas se van adoptar para atallar estes problemas e si se baralla a opción da substitución do transformador por un de maior potencia e con que prazos traballa a Consellería. Tamén pregunta por si se articularán compesacións económicas para aqueles veciños que xustificasen danos ou pérdidas ocasionadas pola deficiencia no subministro enerxético.

Lobeira lémbralle á consellería que ten a obriga de garantir que a empresa subminsitradora ofreza un servizo de enerxía para uso doméstico dentro duns parámetros dignos e adecuado á demanda dun fogar do século XXI.

comenta esta noticia
 
Nome
Correo-e
Comentario

Debes cumprimetar tódolos campos. O correo electónico non se mostrará. O BNG de Vilaboa non se fai responsable do contido dos comentarios. Non se publicarán os comentarios ofensivos ou que sexan sospeitosos de non respetar a legalidade vixente.

 

Recebe no teu correo-e as novidades da Web

correo-e

Tamén podes receber gratuitamente as novidades no teu móbil enviando unha mensaxe coa palabra ALTA ao 650784558. (coste da mensaxe, según tarefas operadores). Para darte de baixa no servizo envía unha mensaxe coa palabra BAIXA.

Privacidade: O tratamento dos datos persoais está axustado á normativa establecida na Lei Orgánica 15/1999, de 13 de decembro, de Protección de Datos de Carácter Persoal (BOE 14/12/1999), e normativa de desenvolvemento.

AXENDA

 

INICIATIVA PARLAMENTAR

NOTICIAS RELACIONADAS

Inicio | Nós| Escríbenos| © BNG Vilaboa 2007-2009. Autorízase a reproducción dos artigos (excepto os de opinión) sempre que se cite a fonte.