Edita: Consello Local BNG de Vilaboa
 
INFORMACIÓN MUNICIPAL
Voceiro Dixital do Bloque Nacionalista Galego de Vilaboa

A DEMANDA DE ENERXÍA PROVOCA CORTES DIARIOS NO SUMINISTRO
Os apagóns na Cardiña serán levados ao Parlamento Galego

Enésimo apagón na Cardiña (05/01/10)

infobloque-vilaboa.com | 12/01/10 | (0)

Ornela Fernández Salgado, voceira municipal do BNG anunciou hoxe que dará traslado ao deputado de seu grupo no Parlamento de Galicia, Bieito Lobeira, dunha iniciativa para que a Consellería de Industria poña remedio aos apagóns case que a diario se producen no barrio da Cardiña en San Adrián de Cobres. Tanto o fin de semana como na noite deste luns volveron a sucederse os cortes no suministro eléctrico.

Salgado recordou que "trátase de averías causadas pola falla de capacidade da rede, tal e como manifestaron técnicos da empresa de mantemento a veciños indignados polas molestias que están a sofrer a diario. Os apagóns prodúcendese sempre as mesmas horas cando a demanda de enerxía é máxima, sobre todo nestes días nos que as temperaturas son moi baixas. Gas Natural ten que acometer unha mellora na infraestructura, xa que mentras as vivendas no barrio aumentaron nunha grande cantidade a infraestructura de abastecemento eléctrico segue sendo a mesma. Non é de recibo que aos usuarios se apliquen subidas constantes nas tarifas eléctricas mentres se deteriora o servizo."

Ante este panorama e dado que este problema xa se lle notificou ao goberno local, sen que de momento se anunciase ou adoptase nengunha medida ao respecto, Salgado considera necesario que a Consellería de Industria tome as medidas oportunas para que a empresa suministradora ofreza un servcio safisfactorio para os usuarios.

comenta esta noticia
 
Nome
Correo-e
Comentario

Debes cumprimetar tódolos campos. O correo electónico non se mostrará. O BNG de Vilaboa non se fai responsable do contido dos comentarios. Non se publicarán os comentarios ofensivos ou que sexan sospeitosos de non respetar a legalidade vixente.

 

Recebe no teu correo-e as novidades da Web

correo-e

Tamén podes receber gratuitamente as novidades no teu móbil enviando unha mensaxe coa palabra ALTA ao 650784558. (coste da mensaxe, según tarefas operadores). Para darte de baixa no servizo envía unha mensaxe coa palabra BAIXA.

Privacidade: O tratamento dos datos persoais está axustado á normativa establecida na Lei Orgánica 15/1999, de 13 de decembro, de Protección de Datos de Carácter Persoal (BOE 14/12/1999), e normativa de desenvolvemento.

AXENDA

 

NOTICIAS RELACIONADAS

 

Inicio | Nós| Escríbenos| © BNG Vilaboa 2007-2009. Autorízase a reproducción dos artigos (excepto os de opinión) sempre que se cite a fonte.