Edita: Consello Local BNG de Vilaboa
 
INFORMACIÓN MUNICIPAL
Voceiro Dixital do Bloque Nacionalista Galego de Vilaboa

O INVERNO ESTÁ SENDO UN CALVARIO PARA OS VECIÑOS E VECIÑAS DESTE BARRIO DE SAN ADRIÁN DE COBRES
Enésimo apagón na Cardiña

infobloque-vilaboa.com | 05/01/10 | (0)

Por enésima vez neste inverno os veciños do barrio da Cardiña en San Adrián de Cobres voltaron a quedar durante preto dunha hora sen suministro eléctrico a noite do luns. Segundo informaron aos veciños os técnicos que acudiron ao lugar a subsanar a avería, esta débese á falla de potencia do transformador propiedade de Unión Fenosa, agora Gas Natural, incapaz da abastecer coa potencia necesaria a demanda de enerxía dos veciños do barrio.

Xa que logo, a avería débese a un fallo infraestructural na rede e non a un incidente puntual, a voceira nacionalista adiantou hoxe a presentación de sendas iniciativas, tanto no Concello como dirixida á Consellería de Industria co fin de que se renove a infraestructura existente, xa que doutra maneira os cortes no suministro seguirán sendo habituais.

Recordou Fernández Salgado que a unha interpelación no pleno de Outubro sobre este mesmo asunto o alcalde asegurou que o problema dos apagóns, dos que non tiña constancia, xa estaban resoltos. Á vista dos feitos, parece ser que non, polo que Salgado demandou que con urxencia se dirixa á Consellería de Industria e a empresa suministradora para que no prazo máis breve posible arranxen este problema que lle está facendo a vida máis complicada aínda aos veciños do barrio da Cardiña.

Dedandou que as administracións obriguen ás empresas suministradoras á que inivirtan parte dos multimillonarios beneficios que teñen ano tras ano con contínuas subas nas tarifas que lle aplican aos particulares e as empresas en mellorar a infraestructura que teñen, en moitos casos terceiromundistas.

comenta esta noticia
 
Nome
Correo-e
Comentario

Debes cumprimetar tódolos campos. O correo electónico non se mostrará. O BNG de Vilaboa non se fai responsable do contido dos comentarios. Non se publicarán os comentarios ofensivos ou que sexan sospeitosos de non respetar a legalidade vixente.

 

Recebe no teu correo-e as novidades da Web

correo-e

Tamén podes receber gratuitamente as novidades no teu móbil enviando unha mensaxe coa palabra ALTA ao 650784558. (coste da mensaxe, según tarefas operadores). Para darte de baixa no servizo envía unha mensaxe coa palabra BAIXA.

Privacidade: O tratamento dos datos persoais está axustado á normativa establecida na Lei Orgánica 15/1999, de 13 de decembro, de Protección de Datos de Carácter Persoal (BOE 14/12/1999), e normativa de desenvolvemento.

AXENDA

 

NOTICIAS RELACIONADAS

 

Inicio | Nós| Escríbenos| © BNG Vilaboa 2007-2009. Autorízase a reproducción dos artigos (excepto os de opinión) sempre que se cite a fonte.