Edita: Consello Local BNG de Vilaboa
INFORMACIÓN MUNICIPAL
Voceiro Dixital do Bloque Nacionalista Galego de Vilaboa

ANTÓN LOURO NON DÍ NADA SOBRE AS SUBESTACIÓNS ELÉCTICAS DE BÉRTOLA E ANUNCIA O REMATE DAS OBRAS NA N-554 PARA OUTUBRO
Salgado contradí ao Delegado do Goberno sobre o emprego creado polo Plan E

infobloque-vilaboa.com 16/06/10 | (0)

O Delegado do Goberno en Galicia Antón Louro realizou hoxe a súa primeira visita institucional a Vilaboa. Nesta visita, presidida polo Alcalde e na que estaban presentes membros da corporación municipal, entre eles a nosa portavoz municipal, Ornela Fernández Salgado, Antón Louro fixo declaracións respecto ás obras que o Ministerio de Fomento está acomentendo no noso concello.

Respecto á N-554 afirmou que esta é un obra moi importante e que unha vez rematada os veciños e veciñas van quedar contentos porque o seu resultado vai ser moi bo. Tamén dixo que o prazo de remate será no mes de outubro e que estaban resoltas todas as deficiencias existentes. Segundo a voceira nacionalista, “ as súas afirmacións non teñen nada que ver coa realidade, xa que, a día de hoxe, ademais das nove rotondas como el dixo, quedan moitos tramos de beirarrúas e urbanización, a ponte de Riomaior, algúns accesos importantes como o do Campo de Fútbol do Cabalo, en Santa Cristina... A obra está sendo un desastre, no que a coordinación e deseño se refire. Tampouco é certo que se atenderan todas as deficiencias existentes, o acceso ás Salinas segue igual de mal, as queixas veciñais por accesos ou muros seguen exisistido”.

Outra información que non comparten os nacionalistas son os datos que baralla o Delegado sobre o impacto do Plan E no concello de Vilaboa. “ Os datos que se deron non son certos, non se asemellan para nada á realidade. Afirmou que coas obras do Plan E se crearan 75 empregos en Vilaboa e que a gran parte foran feitas por empresas do Concello, cando fai tres meses, no pleno de marzo, o Alcalde contestou a unha pregunta do BNG, dicindo que das 15 obras, 6 foran feitas por empresas locais e se crearan, tan só, 8 empregos novos. É evidente que se están dando datos erroneos ou que non que vivimos no mesmo mundo”, afirmou Fdez. Salgado.

No que respecta á subestacións de Bértola non deron ningún dato novo, simplemente que se estaba á espera a que se enviase o proxecto da Subestación de REE ao Concello. Así mesmo, dixo que esta non eran instalación que tivesen graves repercusións. “ As subestacións supoñen un gran impacto social, ambiental e urbanístico para Bértola, xa que a parroquia verá hipotecado o seu crecemento porque ao contar cunha instalación deste tipo todas as actuacións feitas a medio e longo prazo neste campo terán máis probalidades que se ubiquen nesa zona. Os veciños e veciñas deixaron e están deixando claro o seu rechazo a estas obras e esperamos que o Ministerio o teña en conta”, declarou Ornela Fdez. Salgado.

comenta esta noticia
 
Nome
Correo-e
Comentario

Debes cumprimetar tódolos campos. O correo electónico non se mostrará. O BNG de Vilaboa non se fai responsable do contido dos comentarios. Non se publicarán os comentarios ofensivos ou que sexan sospeitosos de non respetar a legalidade vixente.

 

Recebe no teu correo-e as novidades da Web

correo-e

Tamén podes receber gratuitamente as novidades no teu móbil enviando unha mensaxe coa palabra ALTA ao 650784558. (coste da mensaxe, según tarefas operadores). Para darte de baixa no servizo envía unha mensaxe coa palabra BAIXA.

Privacidade: O tratamento dos datos persoais está axustado á normativa establecida na Lei Orgánica 15/1999, de 13 de decembro, de Protección de Datos de Carácter Persoal (BOE 14/12/1999), e normativa de desenvolvemento.

AXENDA

 

NOTICIAS RELACIONADAS

Inicio | Nós| Escríbenos| © BNG Vilaboa 2007-2009. Autorízase a reproducción dos artigos (excepto os de opinión) sempre que se cite a fonte.