voltar á páxina principal

Mocións presentadas polo BNGDocumentos elaborados polo BNGDescarga de arquivosConvocatoria de subvencións, axudas,...Entra a formar parte da militancia do BNG de Vilaboa


Se ves a páxina con erros usa o navegador Firefox

 

Recebe no teu correo-e as novidades da política municipal de Vilaboa

correo-e

Tamén podes receber gratuitamente as novidades no teu móbil enviando unha mensaxe coa palabra ALTA ao 650784558. (coste da mensaxe, según tarefas operadores). Para darte de baixa no servizo envía unha mensaxe coa palabra BAIXA.

Privacidade: O tratamento dos datos persoais está axustado á normativa establecida na Lei Orgánica 15/1999, de 13 de decembro, de Protección de Datos de Carácter Persoal (BOE 14/12/1999), e normativa de desenvolvemento.

 

 

 

ORNELA SALGADO CONSIDERA UNHA PRIORIDADE A POSTA EN REGRA DESTAS INSTALACIÓNS

Todas as antenas de telefonía móbil de Vilaboa son ilegais

(infobloque-vilaboa.com 06/12/08) O pasado martes celebrouse unha xuntanza informativa en Bértola convocada polos veciños e APDR (Asociación pola Defensa da Ría). O motivo da convocatoria é a preocupación dos veciños e veciñas desta parroquia por varios casos de cancro que están acontecendo no lugar, e que asocian ás antenas de telefonía móbil alí existentes, unha na parroquia de Bértola e outras dúas na veciña pontevedresa de Salcedo.

No concello de Vilaboa están instaladas oito antenas de telefonía móbil, cando menos, todas elas sen licencia de actividade e, por tanto ilegais. “No tema do control das antenas de telefonía está todo por facer en Vilaboa. O BNG, desde logo, vai promover que se aprobe unha ordenanza reguladora na que se regulen tanto a ubicación como as emisións”, declarou Ornela Fernández Salgado.

Este é un tema moi sensible entre a poboación e ante o que a Unión Europea se pronunciou no ano 2007, establecendo un principio de precaución para todo tipo de emisións electromagnéticas. Este mesmo ano o Parlamento Europeo expuxo que a lexislación do Estado español sobre este ámbito infrinxía este principio de cautela, considerando que os límites de exposición que se aplican cara a poboación son insuficientes para protexer a poboación e especialmente aos grupos vulnerábeis e chamando a cambiar ditos límites.

Desde o BNG consideramos importante e necesario que desde o Concello se tomen as medidas oportunas para que se legalicen e localicen en lugares afastados de núcleos de poboación e núcleos sensibles. “Desde o goberno municipal comentouse que ían estudar o establecemento dunha taxa pola actividade da telefonía móbil e resulta que todas as antenas instaladas están ilegais. Nós apoiamos que se estableza unha taxa sobre os ingresos das operadoras telefónicas, pero antes haberá que aprobar unha ordenanza que regule a actividade. A estas alturas non é tolerable que o goberno municipal permaneza impasible diante dunha actividade clandestina e que non contribúe por ningún concepto á facenda local”, dixo Ornela Fernández Salgado.

Imprimir   Recoméndalle esta noticia a un amigo

comentarios recibidos (1)

Enviado por: xolopa, 2008-12-07 12:45:52 PST

1. Isto xa se tiña que ver antes,por que ai uns anos tamen se queria poñer unha en Figueirido e como se protestou mandando escritos por medio da asociación de veciños non apuxeron.
Que as retiren todas dos nucleos,as consecuencias as estan pagando os veciños de Bertola,e Salcedo.

comenta esta noticia

Nome
Correo-e
Comentario

Debes cumprimetar tódolos campos. O correo electónico non se mostrará. O BNG de Vilaboa non se fai responsable do contido dos comentarios. Non se publicarán os comentarios ofensivos ou que sexan sospeitosos de non respetar a legalidade vixente.

 


 

© BNG Vilaboa 2007-2008| Inicio | Nós| Escríbenos