PRESENTARA CINCO INICIATIVAS ESTA TARDE NO PLENO
O BNG toma a iniciativa para que Vilaboa non volva a quedar fóra do programa AGADER
Vilaboa non solicitou ningunha axuda dotada con fondos europeos nos últimos dous anos(03/12/08)

infobloque-vilaboa.com | 27/01/10 | (0) |
|
O xoves 24 de decembro saiu pulicado no DOGA (Diario Oficial de Galiza) unha resolución de AGADER (Axencia Galega de Desenvolvemento Rural) na que se aprobaban as bases reguladoras das subvencións aos proxectos dinamizadores das áreas rurais de Galicia, e se anunciaba a convocatoria para o ano 2010. Estas axudas están destinadas á diversificación e desenvolvemento local das zonas rurais de Galliza. Actividades non agrarias, creación e desenvolvemento de microempresas, fomento de actividades turísticas, servizos básicos á poboación rural e conservación e mellora do patrimonio son algunhas das areas que teñen cabida nesta liña de axudas.
No ano 2008, o Concello de Vilaboa non presentou ningunha proposta para ampararse nestas subvencións e estas oportunidades non se poden perder, xa que contribúen á diversificación económica e á modernización e posta en valor do noso concello. Proxectos como a posta en valor do noso patrimonio local, medioambiental e histórico, fomento do emprego e fomento do turismo poderían saír adiante con estas axudas.
O prazo para presentar as solicitudes é de 60 días naturais contados desde o seguinte ao da publicación e, por tanto, remata o vindeiro 22 de febreiro. Por iso imos solicitar do Pleno da Corporación Municipal a adopción dos seguintes acordos: Primeiro. O Concello de Vilaboa presentará un proxecto para a mellora e posta en valor do entorno do Forno do Cal, na parroquia de Santa Adrián de Cobres. Segundo. O Concello de Vilaboa presentará un proxecto para a restauración, e posterior creación dun viveiro de empresas na Rectoral de Santa Cristina de Cobres. Terceiro. O Concello de Vilaboa presentará un proxecto para habilitar unha zona de baño nas Salinas de Ulló. Cuarto. O Concello de Vilaboa presentará un proxecto para a dotación de equipamentos nas instalacións das inmediacións do campo de fútbol de Figueirido. Quinto. O Concello de Vilaboa presentará un proxecto para a restauración e mellora dos lavadoiros da parroquia de Bértola.
Fernández Salgado recordou hoxe que o goberno municipal non pode renunciar a ester cartos, como xa fixo no ano 2008 cando foi o único concello da comarca que non presentou nengún proxecto, sobre todo cando o obxectivo é poñer en valor as potencialidades do noso concello.
comenta esta noticia |

       |
|
AXENDA |
NOTICIAS RELACIONADAS
|