Edita: Consello Local BNG de Vilaboa
 
INFORMACIÓN MUNICIPAL
Voceiro Dixital do Bloque Nacionalista Galego de Vilaboa

O GOBERNO MUNICIPAL CONSIDERA UN GASTO INÚTIL A PROMOCIÓN DOS RECURSOS TURÍSTICOS DO NOSO CONCELLO
Fernández Salgado: "O PSOE non ten proxecto económico de futuro para Vilaboa"

O goberno local rexeitará, outra vez, os cartos de AGADER (27/01/10)

infobloque-vilaboa.com | 08/02/10 | (1)

No último pleno celebrado o pasado día 27 de xaneiro, o BNG presentou unhas preguntas para que o goberno municipal informase das xestións feitas para promocionar no exterior o Entroido de Cobres. Tomás Boullosa, concelleiro delegado de cultura do BNG, anunciaba o malestar do seu grupo porque a Deputación Provincial deixase fóra ao Entroido de Cobres dos 25 eventos máis destacables da provincia que, a través do patronato Turismo das Rías Baixas, este organismo levou á Feira Internacional de Turismo (FITUR) en Madrid.

O goberno municipal por boca do concelleiro de Cultura César Poza, contestou que compartía ese malestar e que ía mandar unha queixa formal á Deputación Provincial por eses feitos. Uns días despois desta sesión plenaria, representantes do Patronato de Turismo Rías Baixas dirixíronse ao BNG tras a aparición nos medios de comunicación desta denuncia feita polos nacionalistas, indicando que si se enviara invitación para asistir a esta feira a todos os concellos da provincia, sen recibir ningunha resposta de interese por parte do goberno de Vilaboa que preside Luis Poceiro.

Para Ornela Fernández Salgado, “esta non é ningunha sorpresa porque durante o debate das preguntas, en boca do concelleiro de Cultura, o goberno afirmou que asistir a esa feira suporía un gasto de cartos pola representación que había que levar e que non pensaban que eses cartos eran ben gastados”. Segundo a voceira nacionalista, esta non é a primeira vez que o goberno municipal utiliza este argumento, “xa que cando presentaramos unha moción para a promoción das Salinas, contestaron o mesmo, que iso supoñía cartos e que era un gasto”, recordou Fernández Salgado.

“Os gastos na promoción exterior do noso concello non poden ser vistos como tales, senón como unha inversión de futuro, xa que a promoción dos recursos turísticos de Vilaboa, neste caso o Entroido de Cobres, declarada Festa de Interese Turístico, é unha maneira de dinamizar a economía do noso concello a través do turismo e dar a coñecer a nosa localidade aos centos de  tour-operadores e miles de visitantes que pasaron pola feira FITUR”, afirmou Fernández Salgado.

Para a voceira nacionalista o acontecido ven pór de manifesto, unha vez máis, a falta de iniciativa e capacidade para xestionar do goberno que preside Luis Poceiro. “Este é un claro exemplo da incapacidade deste goberno. Atopámonos ante o peor goberno municipal da historia de Vilaboa, que en sete anos non foi quen de pór en marcha ningunha iniciativa de innovación e dinamización económica para o noso concello. Non aproveitaron os recursos e oportunidades do goberno bipartito da Xunta de Galiza, abandonaron por completo a ordenación do viñedo no noso concello que se empezou a facer na época do noso compañeiro Xabier Míguez como alcalde. Tampouco se fixo nada  relacionado cos polígonos industrias, na construcción dun Centro de Día... Pola nosa parte, no último pleno, presentamos unhas series de inciativas para ampararnos nas liñas de axudas de AGADER, iniciativas dinamizadoras da economía do noso concello, no campo industrial, comercial e no turismo, e votaron en contra sen mencionar nengunha alternativa. Seguimos sen saber cal é o proxecto económico que teñen para Vilaboa, e está a piques de rematar a súa segunda lexislatura”, sentenciou Ornela Fernández Salgado.

comentarios (1)

1. Enviado por: Andres, 2010-02-12 00:59:20 PST

Faime gracia que menciones o goberno de xabier miguez, e so digas o do viñedo, grande lexislatura esa, si,... e cales son as vosas propostas porque seguro que deben ser moi moi realistas, como o de facer un pavillon na zona norte, gran vision de concello esa.
comenta esta noticia
 
Nome
Correo-e
Comentario

Debes cumprimetar tódolos campos. O correo electónico non se mostrará. O BNG de Vilaboa non se fai responsable do contido dos comentarios. Non se publicarán os comentarios ofensivos ou que sexan sospeitosos de non respetar a legalidade vixente.

 

Recebe no teu correo-e as novidades da Web

correo-e

Tamén podes receber gratuitamente as novidades no teu móbil enviando unha mensaxe coa palabra ALTA ao 650784558. (coste da mensaxe, según tarefas operadores). Para darte de baixa no servizo envía unha mensaxe coa palabra BAIXA.

Privacidade: O tratamento dos datos persoais está axustado á normativa establecida na Lei Orgánica 15/1999, de 13 de decembro, de Protección de Datos de Carácter Persoal (BOE 14/12/1999), e normativa de desenvolvemento.

AXENDA

NOTICIAS RELACIONADAS

Inicio | Nós| Escríbenos| © BNG Vilaboa 2007-2009. Autorízase a reproducción dos artigos (excepto os de opinión) sempre que se cite a fonte.