O BNG PRESENTOU NO PLENO CINCO INCIATIVAS
O goberno local rexeitará, outra vez, os cartos de AGADER
O BNG toma a iniciativa para que Vilaboa non volva a quedar fóra do programa AGADER (27/01/10)

infobloque-vilaboa.com | 30/01/10 | (0) |
|
O goberno municipal socialista de Vilaboa rexeitou a proposta formulada polo BNG no Pleno da Corporación o pasado mércores na que demandou do goberno municipal a eleboración de cinco proxectos cos que acollerse aos fondos do Plan AGADER (Axencia Galega de Desenvolvemento Rural). Estas axudas están destinadas á diversificación e desenvolvemento local das zonas rurais de Galliza. Actividades non agrarias, creación e desenvolvemento de microempresas, fomento de actividades turísticas, servizos básicos á poboación rural e conservación e mellora do patrimonio son algunhas das areas que teñen cabida nesta liña de axudas.
As propostas que formulaba o BNG de Vilaboa para acollerse a este programa eran as seguintes; proxecto para a mellora e posta en valor do entorno do Forno do Cal na parroquia de Santa Adrián de Cobres, proxecto para a restauración, e posterior uso destinado a creación dun viveiro de empresas na Rectoral de Santa Cristina de Cobres, proxecto para habilitar unha zona de baño nas Salinas de Ulló, dotación de equipamentos e servizos auxiliares nas instalacións das inmediacións do campo de fútbol de Figueirido e elaboración dun proxecto para a restauración e mellora dos lavadoiros da parroquia de Bértola.
O PSOE baseou o seu argumento para rexeitar esta iniciativa en que a maioría destes proxectos non se atopan en propiedades de titularidade municipal, ou no caso da rectoral que aínda non foi adquirida polo Concello. Salgado rebateu ese feble argumento alegando que nos casos, tanto do proxecto de mellora do entorno do Forno do Cal, da zona de baño nas Salinas, ou o dos servizos auxiliares no entorno do campo de fútbola de Figueirido, propiedade da comunidade de montes de Figueirido, solucionase cun simple convenio coas entidades propietarias. No caso da adquisición da casa rectoral de Santa Cristina, Salgado recordou que "a súa adquisición é un compromiso do goberno municipal e que a comisión creada para tal fin, apenas conseguiu avances no último ano de xuntanzas". Demandou que sexa o concello o que exerza o liderazgo das negociacións coa Igrexa co fin de ter o inmoble en propiedade para apreveitar as oportunidades que ofrecen estes plans. "Incluso o propio Plan destina fondos a subvencionar parte do importe de adquisicións de este tipo de inmobles" recordoulle Salgado no Pleno.
Polo tanto, "detrás destas esmirriadas excusas do goberno municipal, agóchase a deserción e a apatía, máximos expoñentes da recta final da lexislatura dos socialistas". Lamentou que una ano máis Vilaboa desaproveite estas oportunidades. "Estas son as nosas propostas, que poden gustarlles ou non, pero en todo caso que presenten as súas e aproveiten estes cartos en beneficio dos veciños de Vilaboa", sentenciou Salgado.
comenta esta noticia |

       |
|
AXENDA |
NOTICIAS RELACIONADAS
|