voltar á páxina principal

Mocións presentadas polo BNGDocumentos elaborados polo BNGDescarga de arquivosConvocatoria de subvencións, axudas,...Entra a formar parte da militancia do BNG de Vilaboa


Se ves a páxina con erros usa o navegador Firefox

 

Recebe no teu correo-e as novidades da política municipal de Vilaboa

correo-e

Tamén podes receber gratuitamente as novidades no teu móbil enviando unha mensaxe coa palabra ALTA ao 650784558. (coste da mensaxe, según tarefas operadores). Para darte de baixa no servizo envía unha mensaxe coa palabra BAIXA.

Privacidade: O tratamento dos datos persoais está axustado á normativa establecida na Lei Orgánica 15/1999, de 13 de decembro, de Protección de Datos de Carácter Persoal (BOE 14/12/1999), e normativa de desenvolvemento.

 

 

 

ORNELA F. SALGADO ANUNCIOU A PRESENTACIÓN DUNHA MOCIÓN NO PRÓXIMO PLENO PARA SOLICITAR A MODIFICACIÓN DA ORDE

Veciños de Postemirón e Croas apoian a moción do BNG para que Defensa modifique a orde que establece a zona de suguridade da Brilat.

(infobloque-vilaboa.com 18/10/08) Perto dun cento de veciños e veciñas dos barrios de Postemirón e Croas apoiaron coa súa sinatura a moción que vai presentar o BNG de Vilaboa no vindeiro pleno para solicitar do Ministerio de Defensa a modificación da Orde pola cal se establece unha zona de seguridade de 300 m dende o perímetro exterior do cuartel da Brilat. Esta afección afecta dun xeito grave aos barrios de Postemirón e Croas, xa que para calqueira actuación nas propiedades situadas dentro da zona de afección será imprescindible solicitar o permiso do Ministerio de Defensa.

A voceira nacionalista Ornela F. Salgado informou aos veciños asistentes á asemblea que o desenrolo da lei na que se ampara a orde establece que a zona de afección poderá ser maior ou menor en función do enclave onde esté situada. Polo tanto solicitará na moción que o Ministerio de Defensa teña en conta que a base militar está situada no medio de núcleos rurais e polo tanto que se reduza a franxa de afección. Tamén anunciou que a deputada Olaia F. Davila elevará ao Congreso dos Deputados as demandas dos veciños.

Tanto os concelleiros Tomás Boullosa como Xabier Míguez que explicaron aos asistentes as zonas de afección a través dunha videoproxección do mapa eleborado polo BNG baseándose nas coordenadas que publica a Orde do Ministerio de Defensa, criticaron a actuación do goberno socialista de Vilaboa que mantén un silencio total e absoluto sobre o tema a pesar do malestar que hai entre a poboación polo exceso cometido polo Ministerio de Defensa.

O BNG de Vilaboa pon a disposición dos afectados os planos da zona de seguridade do cuartel de Figueirido

O BNG de Vilaboa, diante do interese manifestado polos afectados e a desinformación existente por parte do Concello de Vilaboa e o Ministerio de Fomento, colgou na súa páxina web www.infobloque-vilaboa.com a planimetría     da afección do cuartel de Figueirido para poñela a disposición de todos os interesados. En Vilaboa están afectadas as propiedades e construcións de Postemirón na parroquia de Vilaboa, Croas na parroquia de Figueirido e Sabaxáns na parroquia de Bértola. A afección do cuartel conleva a autorización do Ministerio de Defensa a todo tipo de construcións e cultivos agrícolas e forestais.

O plano que agora publica o BNG está realizado sobre a planimetría do SIXPAC da Consellería de Medio Rural na que se sinalaron as coordenadas publicadas no Boletín Oficial do Estado. Como resultado obtívose unha fotografía aérea na que os interesados poden identificar con facilidade as súas propiedades, tanto casas como fincas.

A portavoz do BNG, Ornela Fernández, indicou que "diante da falta de información do Concello de Vilaboa o BNG está a facer un importante esforzo para trasladar á xente as consecuencias da decisión do Ministerio de Defensa". Ornela Fernández esixiu tamén un "pronunciamento claro" para que o alcalde se poña do lado dos veciñas e veciñas afectados. Tamén esixiu que o Concello de Vilaboa dea a coñecer as medidas que pensa adoptar para reducir o impacto da afección.

Neste sentido, o BNG propón a interposición dun recurso administrativo contra a decisión de Defensa, coa petición da suspensión cautelar, a recollida de sinaturas contra a orde para envialas á ministra Carme Chacón, a delimitación dos núcleos e terreos urbanizables para que queden fóra da afección e un pronunciamento do Pleno contra a orde de Defensa.

NOTICIAS RELACIONADAS

(14/10/08)A ministra socialista de Defensa ampárase nunha lei franquista para afectar máis de 200 hectáreas das parroquias de Vilaboa e Figueirido ó redor do cuartel de Figueirido

PLANO DAS AFECCIÓN DA BRILAT REALIZADO POLO BNG

MOCIÓN PRESENTADA NO CONCELLO DE VILABOA

comentarios recibidos (5)

5. Enviado por: Curioso, 2008-10-22 15:33:22 PDT


Preguntarlle aos do PSOE no próximo pleno, se a ministra na visita a Figueirido a finais do mes de xullo nos lles comunicou nada das suas intencións aos seus compañeiros de partido QUE a acompañaban, o señor conselleiro da presidencia o demócrata Xosé Lois Mendez Romeu ou a Manuel Ameixeiras delegado do goberno todos eles do PSOE

4. Enviado por: outrodepos, 2008-10-21 10:03:18 PDT


A lei e franquista,pero que na esta levando a cabo e un goberno socialista

3. Enviado por: Marcos, 2008-10-21 06:33:51 PDT


Temos que purrar entre todos para frear o que nos queren facer dende Madrid.
Á ministra non lle parecen importar os veciós de Vilaboa, non lle interesa o pobo.
Eles pensan que é nos imos quedar cos brazos cruzados só por que se trata do exercito español.

2. Enviado por: david , 2008-10-20 22:05:51 PDT


Primeiro dar as grazas a todos as persoas que apoiaron esta iniciativa, e sobre todo o BNG.
Eu por desgraza non puden ir a reunion xa que a verdade e que faltou algo de información, e cando me enterei za era tarde, pero bueno o importante e que a iniciativa saia para adiante e que so espero que todo o pleno do concello de Vilaboa apoie esta moción, xa que e algo que afecta a todos os veciños, sobre todos os que somos xoves e queremos quedarmos en Postemiron e facer unha vivenda aqui,na nosa terra.

Outra cousiña, espero que os partidos politicos e en especial o BNG, fixeran máis forza para que o plan de urbanismo de Vilaboa fose unha realidade, xa que somos uns poucos os que nos gustaria poder facer unha casa en Postemirón, e por desgraza se o queremos facer legalmente  e moi complicado, por eso pido a axuda dos politicos que son os unicos que poden mover estas cousas.

Un saudo e grazas a todos polo apoio mostrado.
David. www.postemiron.es

1. Enviado por: omirondoposto, 2008-10-20 06:38:54 PDT


Como veciño de Postemirón, agradezo ao BNG o esforzo por botar abaixo esta lei franquista.

comenta esta noticia

Nome
Correo-e
Comentario

Debes cumprimetar tódolos campos. O correo electónico non se mostrará. O BNG de Vilaboa non se fai responsable do contido dos comentarios. Non se publicarán os comentarios ofensivos ou que sexan sospeitosos de non respetar a legalidade vixente.

 


 

© BNG Vilaboa 2007-2008| Inicio | Nós| Escríbenos