voltar á páxina principal

Mocións presentadas polo BNGDocumentos elaborados polo BNGDescarga de arquivosConvocatoria de subvencións, axudas,...Entra a formar parte da militancia do BNG de Vilaboa


Se ves a páxina con erros usa o navegador Firefox

 

Recebe no teu correo-e as novidades da política municipal de Vilaboa

correo-e

Tamén podes receber gratuitamente as novidades no teu móbil enviando unha mensaxe coa palabra ALTA ao 650784558. (coste da mensaxe, según tarefas operadores). Para darte de baixa no servizo envía unha mensaxe coa palabra BAIXA.

Privacidade: O tratamento dos datos persoais está axustado á normativa establecida na Lei Orgánica 15/1999, de 13 de decembro, de Protección de Datos de Carácter Persoal (BOE 14/12/1999), e normativa de desenvolvemento.

 

 

 

EN RESPOSTA A UNHA PREGUNTA DO DEPUTADO NACIONALISTA BIEITO LOBEIRA

O Psoe minimiza no Parlamento Galego os efectos da franxa de seguridade da Brilat

(infobloque-vilaboa.com 19/11/08) O deputado do g.p do BNG Bieito Lobeira reclamou hoxe do goberno da Xunta que sexa valedor dos intereses dos veciños de Vilaboa afectados pola imposición dunha “zona de seguranza” da base militar da Brilat en Figueirido.

Lobeira, durante o debate en comisión dunha pregunta ao respeito, cualificou a “imposición

deste perímetro” dunha decisión “extremadamente grave”, “escandalosa” e “impresentábel” no seu procedemento, porque foi aprobada o pasado 8 de Outubro sen coñecemento previo por parte dos concellos afectados.

O deputado nacionalista explicou que a medida adoptada polo Ministerio de Defensa vai afectar a 35 vivendas de Vilaboa, 80 de Pontevedra e a comunidade de montes de Marín, pois os veciños van ter que solicitar autorizacións para realizar calquera tipo de reparación nas súas propiedades, tala de árbores, acceso de persoas que non son de nacionalidade do Estado, etc

Para Lobeira, estáse a falar dun problema moi serio que non se pode consentir, “pois non estamos ante un exército da Idade Media ou do franquismo”, dixo, senón en pleno século XXI.

Pola súa parte, o secretario xeral da Presidencia, Santiago Roura, respostou ao deputado que as competencias son do Estado e este debate xa se produciu no Congreso recoñecendo a ministra, Carme Chacón, a disposición de diálogo cos veciños, “que teñen unha preocupación lexítima”, dixo.

Roura, non obstante, minimizou o impacto deste perímetro e cualificou as súas consecuencias de “pequenas incomodidades”; ademais, salientou a importancia da base de Figueirido e o beneficio que supuña para os afectados en materia de seguridade.

O deputado nacionalista lamentou esta resposta por parte do representante do goberno galego e que teñan máis eco as reclamacións feitas sobre este asunto en Madrid que as que se fan no Parlamento galego.

O CONGRESO DOS DEPUTADOS APROBA UNHA PROPOSICIÓN NON DE LEI DO BNG PARA INSTAR AO GOBERNO A DIALOGAR COS CONCELLOS AFECTADOS

Este posicionamento do Secretario Xeral da Presidencia contrasta coa Proposición Non de Lei aprobada onte no Congresos dos Deputados a proposta da nacionalista Olaia F. Davila onde se insta ao Goberno a iniciar un diálogo coas autoridades dos concellos afectados pola franxa de afección da Brilat e a necesidade da súa reducción debido ao carácter periurbano da súa localización.

Imprimir   Recoméndalle esta noticia a un amigo

MOCIÓN APROBADA POLO CONGRESO A PROPOSTA DO BNG

HISTORIAL DE NOTICIAS RELACIONADAS COA FRANXA DE SEGURIDADE DA BRILAT

comentarios recibidos (1)

1. Enviado por: xolopa, 2008-11-20 12:09:57 PST

O que temos que ver e quen esta facendo algo polos veciños no tema da fraxa do cuartel.O BNG esta cos veciños sempre e cado fai falta, en cambio outros por moito que digan (PSOE-PP)aparecen sempre a remolque e como salbadores,o deles e a cacicada ebotarlle a man polo lombo e convencer.
Os do BNG o estades facendo ven ánimo compañeiros

comenta esta noticia

Nome
Correo-e
Comentario

Debes cumprimetar tódolos campos. O correo electónico non se mostrará. O BNG de Vilaboa non se fai responsable do contido dos comentarios. Non se publicarán os comentarios ofensivos ou que sexan sospeitosos de non respetar a legalidade vixente.

 


 

© BNG Vilaboa 2007-2008| Inicio | Nós| Escríbenos