voltar á páxina principal

Mocións presentadas polo BNGDocumentos elaborados polo BNGDescarga de arquivosConvocatoria de subvencións, axudas,...Entra a formar parte da militancia do BNG de Vilaboa


Se ves a páxina con erros usa o navegador Firefox

 

Recebe no teu correo-e as novidades da política municipal de Vilaboa

correo-e

Tamén podes receber gratuitamente as novidades no teu móbil enviando unha mensaxe coa palabra ALTA ao 650784558. (coste da mensaxe, según tarefas operadores). Para darte de baixa no servizo envía unha mensaxe coa palabra BAIXA.

Privacidade: O tratamento dos datos persoais está axustado á normativa establecida na Lei Orgánica 15/1999, de 13 de decembro, de Protección de Datos de Carácter Persoal (BOE 14/12/1999), e normativa de desenvolvemento.

 

 

 

ORNELA F. SALGADO DEFENDEU NO PLENO A INTERPOSICIÓN DO RECURSO CONTENCIOSO ADMINISTRATIVO

O BNG consegue a unanimidade entorno ao rexeitamento da zona de seguridade da Brilat



(infobloque-vilaboa.com 30/10/08) O pleno do concello de Vilaboa aprobou onte por unanimidade e coa aportación dos restantes grupos políticos a moción presentada polo BNG para reclamar do Ministerio de Defensa a reducción da zona de seguridade da Brilat.

O pleno que contou coa presenza de numerosos veciños dos barrios de Postemirón e Croas, manifestou unha unanimidade pouco habitual e prácticamente non houbo debate dado que tanto o PP como o Psoe xa fixeran pública a súa postura con anterioridade e coincidían no básico coa moción defendida pola voceira nacionalista Ornela F. Salgado. A maiores incorporouse o establecemento dunha data, o 6 de decembro para que o Ministerio responda ao requerimento do Concello. De non ser así interporase o recurso contencioso administrativo contra a orde de Defensa.

Recordemos que a moción que foi acompañada dun cento de sinaturas de veciños afectados, incidía en que as instalacións militares están encadradas nun núcleo rural habitado e que a zona de seguridade afectará negativamente a vida cotiá dos veciños dos barrios afectados, polo que se solicita do Ministerio de Defensa a reducción da franxa de seguridade de 300m.

Imprimir   Recoméndalle esta noticia a un amigo

NOTICIAS RELACIONADAS

(18/10/08) Veciños de Postemirón e Croas apoian a moción do BNG para que Defensa modifique a orde que establece a zona de suguridade da Brilat.

(14/10/08) A ministra socialista de Defensa ampárase nunha lei franquista para afectar máis de 200 hectáreas das parroquias de Vilaboa e Figueirido ó redor do cuartel de Figueirido

PLANO DAS AFECCIÓN DA BRILAT REALIZADO POLO BNG

MOCIÓN PRESENTADA NO CONCELLO DE VILABOA

comentarios recibidos (15)

15. Enviado por: Avoa, 2008-11-09 11:18:54 PST

Tamen estan dacordo pa darlle o chollo a misma empresa de vilaboa.Ai algun esta calado.

14. Enviado por: David, 2008-11-09 02:14:41 PST

Hola
E non che contou tua avoa que e de xeito facer as cousas por diante e non por atras como as estan a facer os do PSOE-PP, Xe que segun eles non teñen pacto de goberno, simplemente se usan mutuamente para interes partidistas, segun o meu punto de vista, claro. poñense de acordo sempre e cando hai cartos para os Intereses do PP, vaia negociacion, dame a risa.

Salu2

13. Enviado por: Cachamuiña, 2008-11-07 07:14:04 PST

pois a min díxome miña avoa: que lle parece moi ben do de PP-Psoe

12. Enviado por: David, 2008-11-07 02:39:03 PST

Hola
Creo que chego tarde, en fin, tedes todos razon, e o mellor xa que non vades ceder, jaja.

Pero unha cousa, onde esta o plano que fixo o PSOE, no se ve en ningun lado, o do BNG si, podemolo consultar.

No plano presentado en Postemiron pola xuntanza PSOE-PP, duas semas despois de sair nos periodicos, nese mapa os afectados son mais ca nos do BNG, quen se engana?. hai unha paxina en internet SIGPAC na cal se poden buscar coordeadas de toda España, eu busquei varias e coinciden co mapa do BNG.

Para os que non pudemos ir a Xuntanza PSOE-PP de Postemiron, ¿onde podemos cosultar ese mapa que vos fixestedes?


Sau2 www.postemiron.es

11. Enviado por: Abraiado, 2008-11-04 10:52:18 PST

Metrallas:
Hai quen se agacha detrás de técnicos e avogados para adiar as decisións ou tomalas contra a xente. Para entender as leis franquistas que están detrás da norma socialista só hai que ter a competencia básica da lectura comprensiva e máis nada. Sobre a parroquia de Bértola, direiche que ao día seguinte da asemblea do BNG en Postemirón, Tomás Boullosa, concelleiro, estaba a recoller as sinaturas dos afectados de Sabaxáns. A prensa, moi importante, por certo, foi determinante na postura que adoptou o Psoe de Vilaboa porque, sen ela, aínda estariades a buscar os tres pés do gato. Por último, vou citarte e adiviño pola intensidade dos teus comentarios que andades verdadeiramente picados pola posición e o traballo do BNG no tema.

10. Enviado por: metralla, 2008-11-04 04:47:04 PST

 Volveume decir miña nai que o único que se variou foron duas liñas insustanciais, por certo o entendido contoume que mentres outro estaban chamando a presnsa el preocupouse de pedir información de verdadeiros entendidos na materia, tecnicos e xuridicos, e de non andar desinformando xa que entre outras cousas Bertola tamen se ve afectada ainda que para os bloques non exista

9. Enviado por: Abraiado, 2008-11-03 15:27:47 PST

Supoñemos que túa nai tamén che diría que o entendido en papeis é do mesmo partido cá ministra que delimitou o perímetro. Supoñemos que tamén che diría que o entendido e os outros enviaron un informe a Defensa coa calificación urbanística deses terreos no ano 2005. Tamén che comentaría que a frase "Non imos ir contra Defensa" está publicada na Voz e díxoa cando non sospeitaba que o asunto ía ter tanto rexeitamento social. Non fai falta que cho diga túa nai, pódelo comprobar ti, que non hai nada no acordo que non estivese na moción do BNG. Ah! E grazas á posición contraria do BNG na negociación do texto de consenso, o Psoe non delimitou un novo perímetro que só deixaba fóra as casas.

8. Enviado por: metralla, 2008-11-03 08:35:37 PST

o que se pica allos come, non é mais ignorante o que non sabe sinon o que non quere saber, a realidade é que se aprobou unha proposta do entendido en papeles, que mo dixo miña nai, o resto que se defendan eles si queren

7. Enviado por: Abraiado, 2008-11-01 01:53:08 PDT

 Metralletas: Supoño que a promoción da ignorancia como valor terá certo público, pero aínda é maioría a xente que valora o coñecemento. Segue por aí, querido.
Mentres o BNG lía as leis, analizaba os efectos, facía a planimetría, organizaba un acto en Postemirón, presentaba unha moción, poñía en alerta ao Grupo Parlamentario no Congreso, vós estabades caladiños e quedos, non se fose enfadar a ministriña. O silencio do alcalde foi un clamor.
Falou ao que considerades o entendido para asuntos de papeis, Paco Barcala e dixo: "Imos estar cos veciños, pero non imos ir contra Defensa".
Como cambiou o conto no Pleno e foi así pola acción política do BNG, evidentemente.
Saúdos

6. Enviado por: estelb, 2008-10-31 16:25:54 PDT

noraboa polo voso traballo!

5. Enviado por: un dos listillos do pueblo, 2008-10-31 07:39:23 PDT

 " A metralla"; O que se aprobou no pleno foi un texto baseado fundamentalmente na moción do BNG mellorada máis que nada porque o goberno municipal tivo tempo e medios de sobra para buscar máis razonamentos xa que o BNG presentouna  aos poucos días de saír a orde publicada no BOE. Por outro lado non sei se somos os listillos do pueblo, pero está demostrado que somos os primeiros e se me apuras os únicos que lemos os papeles. Fomos os primeiros en presentar unha moción, os primeiros en converter os datos do BOE nun plano para que a xente entendese a gravidade dos feitos, os primeiros en informar aos veciños, os primeiros en trasladar o problema ao Congreso dos Deputados, en fin... Aquí non se trata de "jabarse", se non de que o mérito debe de recaer sobre quen traballa o tema e non sobre que se aproveita do traballo dos demais.

4. Enviado por: metralla, 2008-10-31 06:49:14 PDT

Miña nai estivo no pleno e dixome que o que se aprobou foi unha proposta do goberno municipal, de ahí que primeiro se requira a derogación do decreto e non ir directamente o contencioso como propoñian os do bloque, así que non entendo que mocion do bng se aprobou, menos jabarse e máis seriedade que parece que sodes os unicos listos de este pueblo.

3. Enviado por: cachamuiña, 2008-10-30 15:29:31 PDT

acordo entre as tres forzas?
claro.
Vilaboa abanza. xa.
pena que o Psoe non logre acordos en outros temas:
- pxom-
- estradas-
- cultura-
- saneamento-
- ave-
ou e que non temos vista.
se pactaron isto é por que non puideron maniobrar para rentabilizalo politicamente. Isto nin Barcala foi quen de darlle a volta.
Defensa nin siquera se preocupa agora de Vilaboa, senon xa veredes como procura arranxar o de Salcedo.

2. Enviado por: barrenas, 2008-10-30 05:00:56 PDT

 Por fin,haber se e o principio de moitos entendementos entre as tres forzas e vilaboa avanza,nora voa

1. Enviado por: Cristino, 2008-10-30 04:56:50 PDT

Da gusto ver a xente nova do BNG marcando os temas e a axenda política do noso concello. Xa o dixen noutra ocasión estades facendo un moi bo traballo.

comenta esta noticia

Nome
Correo-e
Comentario

Debes cumprimetar tódolos campos. O correo electónico non se mostrará. O BNG de Vilaboa non se fai responsable do contido dos comentarios. Non se publicarán os comentarios ofensivos ou que sexan sospeitosos de non respetar a legalidade vixente.

 


 

© BNG Vilaboa 2007-2008| Inicio | Nós| Escríbenos