voltar á páxina principal

Mocións presentadas polo BNGDocumentos elaborados polo BNGDescarga de arquivosConvocatoria de subvencións, axudas,...Entra a formar parte da militancia do BNG de Vilaboa


Se ves a páxina con erros usa o navegador Firefox

 

Recebe no teu correo-e as novidades da política municipal de Vilaboa

correo-e

Tamén podes receber gratuitamente as novidades no teu móbil enviando unha mensaxe coa palabra ALTA ao 650784558. (coste da mensaxe, según tarefas operadores). Para darte de baixa no servizo envía unha mensaxe coa palabra BAIXA.

Privacidade: O tratamento dos datos persoais está axustado á normativa establecida na Lei Orgánica 15/1999, de 13 de decembro, de Protección de Datos de Carácter Persoal (BOE 14/12/1999), e normativa de desenvolvemento.

 

 

 

CENTOS DE VECIÑOS DE VILABOA E SALCEDO CONCÉNTRARONSE DIANTE DAS PORTAS DA BRILAT PARA REXEITAR A ZONA DE SEGURIDADE DA BRILAT

" O monte é noso"

(infobloque-vilaboa.com 08/12/08) Baixo o lema "O MONTE É NOSO", centos de veciños da parroquias de Salcedo, Postemirón e Figueirido concentráronse esta mañá diante das portas da Base da Brilat en Figueirido para mostrar o seu desacordo coa Orde de Defensa que decretou a ministra socialista Carme Chacón, e na que se establece unha franxa de seguridade de 300 m ao redor do perímetro da instalación militar que xera innumerables inconvintes aos veciños.

Ornela Salgado, que co resto dos concelleiros do BNG de Vilaboa asistiron ao acto reinvindicativo, manifestou o seu apoio e o do BNG ás demandas dos veciños e veciñas afectadas e que seguirán presentando propostas encamiñadas a que Defensa rectifique a Orde, xa que a xente está moi preocupada tal e como se poido comprobar hoxe.

Destacar a forte presencia de corpos de forzas de seguridade do Estado que intentaron manter alonxados aos veciños e veciñas da entrada do recinto militar, algo que non poideron impedir xa que a multitude foi quen de chegar ata as mismas portas onde berraron consignas nas que se pedían a retirada da zona de seguridade ou a devolución dos terreos ocupados ilegalmente por defensa nos anos setenta.

Para rematar o acto varios representantes veciñais dirixirónse aos veciños para reafirmar a vontade de voltar se Defensa non da marcha atrás na súa intención de facer efectiva a franxa de seguridade. Por parte dos veciños de Postemirón David Suárez afirmou que " a ministra Chacón usou unha lei da dictadura, na que moita xente foi calada inxustamente para colocar unha servidume e clandestina aos nosos pais e avós".

Imprimir   Recoméndalle esta noticia a un amigo

VIDEO DA PROTESTA VECIÑAL

 

NOTICIAS RELACIONADAS

Especial sobre a zona de afección da Brilat

comentarios recibidos (17)

Enviado por: David, 2009-01-12 02:26:27 PST

17. Hola
Eu tamen estiven na manifestacion e por unha vez estou algo de acordo con Barrenas, a min tampouco me pareceu apropiada a frase esa, pero moito foi derivado pola imposibilidade de achegarse ata o cuartel xa que policia non deixaba, e xente quentouse algo, pero do resto a manifestacion foi bastante tranquila, so acontecerona atercados cando non deixaron que a xente se acercase a entrada da Brilat.

Para Atleon, en Castellano por si no entiendes el Gallego.
como ya te han dicho donde estaba la concetracion no es "zona militar", ya que si lo fuera estaria cerrada con una valla, es una carretera publica.

Lo de que las obras no tienen nada que ver con la Franja, es muy estraño ya que empezaron el mismo dia que se aprobo la Orden Ministerial.

Y que no tengamos ningun video o Foto del puñetazo no significa que no se lo dieran, yo vi a la señora 4 dias despues y tetia un lado de la cara con un buen moraton, ¿dirias lo mismo si fuese tu madre o tu familiar? Repondeme si quieres, te lo agradeceria.

Un Saudo

Enviado por:forastero,2008-12-19 12:53:37 PST

16. Zatarox deja la bebida que no es buena, y mira los videos de la TV y veras como habla la señora con la mandibula desencajada.

Enviado por: Cachamuiña, 2008-12-17 05:25:32 PST

15. Atleon, estou seguro que o teru espiritu patrio se ve ferido cando dicimos que o PM se pasou, pero é así. Podes mirar no "diario de Pontevedra" do dia seguinte o pajaro en cuestión. ¿que carallo facia ahí?, eu penso que buscar lio. non sei se o facia de xeito individual, inducido ou seguindo ordes; pero o que está claro é que non é quen para dicir/facer nada fora do cuartel ante os civís.
e mira ben o que che digo, foi un. non foi o corpo. por se te miras ferido no personal ou no teu espíritu patrio.

Enviado por: VilaBoa Antimilitar, 2008-12-15 07:55:43 PST

14.  Que se vaia xa!! son todos uns prepotentes. Sempre antimilitares

Enviado por: barrenas, 2008-12-15 05:55:51 PST

13.  atleon,decirte que donde supuestamente se4 produjo la agrasion a esa vecina no es zona militar.Inmediaciones no es lo mismo que dentro.

Enviado por: Atleon, (COMENTARIO VIDEO)

12.  ajajajaja esta si que fue buena. Se ve que la que no sabe eres tu, para empezar un policia militar dentro de zona militar tiene caracter de agente de la aurotida y tiene potestad. Luego decirte tu viste el puñetaxo, tienes foto o video de como se lo propina. Yo se que no fue asi, lo que pasa que el cuento lo saben hacer bien todos. Luego con respecto al tema que segun tu no estoy informado si lo estoy. Y no tiene ningun agravante. Pero bueno asi parece ser que la gente lo quiere.

Enviado por:Zatarox, (COMENTARIO VIDEO)

11.  Vouche dar un consello.Primeiro infórmate sobre o que estás a falar e despois pon a túa opinión. Paréceme ridículo que fales do que non sabes.Tampouco ten razón de ser que un policía militar manque a unha muller e incluso chegue a desencaixarlle a mandíbula diante da policia nacional que, en teoría, tamén está para "defender" ós civís.

Enviado por: Atleon, (COMENTARIO VIDEO)

10.  No hai nada que mirar la BRILAT no le va a espropiar nada a nadie. Y las obras no tienen nada que ver con la extension del perimetro de seguridad

Enviado por: derethord4, (COMENTARIO VIDEO)

9.  e despois protestamos contra os chinos... temos que mirar que carallo está a pasar aquí

Enviado por: Laratxe Antifeixista, 2008-12-10 02:18:38 PST

8.  Todo o noso apoio dende a veciña Laratxe (Santa Cristina) O monte e noso!!!

Enviado por: Barrenas, 2008-12-09 12:22:28 PST

7.  Eu estuven na manifestacion e a verda non me gustou nada que ye chamasen os militares parasitos sociais e outras cousas, eu sinceramente non creo que o sean,son xentes que elegiron este oficio e lles gusta e non creo que sea culpa deles o que esta a pasar,pa min sinceramente a culpa e dos politicos,hoxe duns maña doutros pero a maioria das veces a culpa e deles.

Enviado por: Democrata, 2008-12-09 09:25:16 PST

6.  Bonito xeito de celebrar a súa querida constitución teñen estes do exercito do PSOE e a Tere Casal en vez de estar cos veciños de palmera cos militares dentro da Brilat o mesmiño que Telmo o de Sanxenxo.

Enviado por: xente valente, 2008-12-09 05:58:22 PST

5.  Xa conta meu pai que á xente desa zona non hai quen vos tosa. Xa me ten contado das ostias da autopista, da empacadora e agora da brilat... É a primeira vez que alguén na Galiza se enfrenta ao exército español.  Daille duro e ánimo

Enviado por: bakalouro, 2008-12-09 05:29:13 PST

4.  Fora da Galiza o exército de cartón espanhol.

Enviado por:bento, 2008-12-08 14:17:29 PST

3.  Na radio, o Subdelegado do Goberno en Pontevedra dixo que na manifestación había xente que non era afectada. Máis de dez anos despois, distinto partido no Estado, distinto pretor, distinta causa, pero as mesmas palabras ca cando era da empacadora. Incrible!

Enviado por: uxalz, (COMENTARIO VIDEO)

2. Este exercito cada dia me lembra mais o do antigo rexime.
Non nos dician que estaban para "servir" a España e defendernos?. Pois se e asi a forma que teñen de servirnos e defendernos que non nos defendan mais.

Enviado por: gaiteiro59, (COMENTARIO VIDEO)

1. como sigan asi o unico que van conseguir istes e que o pouco que poden ter no monte despois de tantos anos de militares ali e que os expropien con catro cartos ¿e despois que? coido que os veciños estan mal aconsellados politicamente, non e que leera moito do problema pero co a franxa de seguridade non lles tocan a ninguen as terras, pero si se empeza a poñer a cousa mal poden faser os de Madrid una expropiacion e arrasar con todo monte.

comenta esta noticia

Nome
Correo-e
Comentario

Debes cumprimetar tódolos campos. O correo electónico non se mostrará. O BNG de Vilaboa non se fai responsable do contido dos comentarios. Non se publicarán os comentarios ofensivos ou que sexan sospeitosos de non respetar a legalidade vixente.

 


 

© BNG Vilaboa 2007-2008| Inicio | Nós| Escríbenos