A DESMEDIDA ACTUACIÓN POLICIAL QUE CAUSOU LESIÓNS A UNHA VECIÑA O DÍA DA PROTESTA FOI CONDEADA UNÁNIMEMENTE POLO PLENO DO CONCELLO DE VILABOA
A Subdelegación do Goberno denuncia a veciños de Postemirón "por un delito de lesións" na protesta da Brilat
A desmedida actuación policial provocou lesións a algúns veciños durante a protesta
(infobloque-vilaboa.com 10/01/09) A Subdelegación do Goberno quere pedir responsabilidades penais por un delito de lesións a veciños de Postemirón que participaron na protesta contra a franxa de seguridade da Brilat que se celebrou o pasado 8 de decembro diante da base militar en Figueirido. Nesta ocasión a delegación gubernamental cambiou as tradicionais sancións administrativas polas accións xudiciais como método de represión ás iniciativas veciñais contra as imposicións das administracións.
O suposto delito de lesións ocorreu o pasado 8 de outubro durante a protesta veciñal que se celebrou diante da Brilat para rexeitar a franxa de seguridade de 300m que pretende implantar o Ministerio de Defensa ao redor do perímetro exterior da instalación militar e que supón un grave prexuizo para os veciños próximos. Durante o transcurso da protesta autorizada producíronse algúns incidentes ao intentar impedir as forzas de seguridade e a propia policía militar que os veciños se poidesen concentrar no lugar solicitado. Froito desta intervención policial unha veciña resultou lesionada e foi necesaria a presenza médica no lugar.
O pasado 23 de decembro e a proposta do BNG o pleno da corporación municipal de Vilaboa aprobou unha moción de condea da actuación policial e a petición de responsabilidades políticas polo acontecido.

NOTICIAS RELACIONADAS
O BNG pedirá ao Pleno o rexeitamento da actuación policial na protesta veciñal ante a Brilat (15/12/08)
" O monte é noso" (08/12/08)
comentarios recibidos (3)
Enviado por: Xata, 2009-01-13 05:28:43 PST
3. Demisión do delegado do goberno posto polo PSOE, ollo os corpos de seguridade do estado non son máis que mandados polo PSOE ou por quen lle toque gobernar en España e a franxa de seguridade quen da o paso de levala adiante é o Psoe.
|
Enviado por: David, 2009-01-12 01:13:22 PST
2. Isto e invrible, ahora acusan, supostamente a un veciño de Postemirón, por lesions, o dia 8 na concentracion diante da Brilat, Lesions de quen, se a lesionada foi unha muller de salcedo, e lesionarona outros(as forzas de seguridade, menuda seguridade), non un veciño de Postemirón que estivo pacificamente na concentracion coma moitos de nos.
Todos os veciños de Postemirón apoiamos a Este veciño denunciado e estamos en contra desta maneira meterlle o medo no corpo a xente con mentiras.
Os unicos escesos nesa concentracion foron cometidos pola policia e polis que ordearon a esta a que nos quedasemos a 100 m da entrada do cuartel, cando tiñamos permiso (dado pola subdelegacion do goberbno) para concentrarnos diante da porta da Brilat.
Estamos todos Unidos para protestar contra estas inxustizas.
www.postemiron.es
|
Enviado por: idealday, 2009-01-10 08:57:44 PST
1. PP-PSOE, mesmo can distinta coleira
|
comenta esta noticia
   
|
|
AXENDA |
|