voltar á páxina principal

Mocións presentadas polo BNGDocumentos elaborados polo BNGDescarga de arquivosConvocatoria de subvencións, axudas,...Entra a formar parte da militancia do BNG de Vilaboa


Se ves a páxina con erros usa o navegador Firefox

 

Recebe no teu correo-e as novidades da política municipal de Vilaboa

correo-e

Tamén podes receber gratuitamente as novidades no teu móbil enviando unha mensaxe coa palabra ALTA ao 650784558. (coste da mensaxe, según tarefas operadores). Para darte de baixa no servizo envía unha mensaxe coa palabra BAIXA.

Privacidade: O tratamento dos datos persoais está axustado á normativa establecida na Lei Orgánica 15/1999, de 13 de decembro, de Protección de Datos de Carácter Persoal (BOE 14/12/1999), e normativa de desenvolvemento.

 

 

 

0 BNG DE VILABOA TIVO ACCESO AO DOCUMENTO DA SOLICITUDE DO MINISTERIO EN 2004

Ornela F. Salgado acusa de “deslealdade institucional” ao Ministerio de Defensa

(infobloque-vilaboa.com 13/11/08) O BNG de Vilaboa recibiu as copias do expediente da información urbanística que solicitara o Ministerio de Defensa. O expediente consta da solicitude, un oficio de remisión asinado polo alcalde e o informe do aparellador municipal.

Da revisión desta documentación, Ornela Fernández Salgado considera probada a “gravísima deslealdade institucional con que obrou o Ministerio de Defensa porque solicitaron a cualificación urbanística dos 300 metros da franxa do cuartel sen facer mención ningunha de que estas ían constituír a zona de seguridade próxima. Para nós é un caso de omisión aleivosa, sen dúbida ningunha”, concluíu a nosa portavoz.


Por outra banda, Ornela Fernández considera que o Ministerio de Defensa debeu acompañar a súa solicitude cun plano no que se indicase a delimitación da parcela. “Defensa ten terreos do monte comunal para arriba e abaixo do cuartel, pouco visibles, delimitados unicamente cun aramado precario, que amplían a afección aos núcleos de Postemirón, Croas e Sabaxáns e que produciron a confusión no informe municipal ao cualificalos como solo rústico, cando son núcleo rural”. Ao tratarse dun erro material por parte do Concello producido pola parquedade da solicitude, Ornela Fernández solicita que se envíe un novo informe no que se corrixan estes erros.


Por outra banda, Ornela Fernández recomendou que o Concello actúe con prevención ante calquera novo escrito ou solicitude do Ministerio de Defensa porque considera que “defraudou a confianza depositada nel e debe ser tratado  en consecuencia”.

Imprimir   Recoméndalle esta noticia a un amigo

ESTES SON OS DOCUMENTOS

comentarios recibidos (1)

1. Enviado por: David, 2008-11-14 01:10:28 PST

 Hola
Ben se mira que pola falta de datos no documento de solicitude de Defensa, non da que desconfiar nada. Moi listos estes do Ministerio, xa lles vale, a verdade e que calquera que lle preguntara pensaria que so se refiren os 300 m que rodean o que e a base militar, non todo o que teñen collido, asi polo morro.

Eu estou con Ornela, que se corrixa o informe que se mandou e que Defensa mende un plano exacto do que eles din que he deles, se e verdade que teñen ese plano, porque creo que non teñen nada, en tal caso terano so do que he a base militar  non dos terreos da alambrada de espiño.

Un Saudo e Collamos as Pancartas
www.postemiron.es
PD. NIN DEFENSA NIN DELANTEIRO,

comenta esta noticia

Nome
Correo-e
Comentario

Debes cumprimetar tódolos campos. O correo electónico non se mostrará. O BNG de Vilaboa non se fai responsable do contido dos comentarios. Non se publicarán os comentarios ofensivos ou que sexan sospeitosos de non respetar a legalidade vixente.

 


 

© BNG Vilaboa 2007-2008| Inicio | Nós| Escríbenos