A DEPUTADA OLAIA F. DAVILA PREGUNTA SI SE LEVOU A CABO O ACORDO DO CONGRESO
O BNG demanda que Defensa negocie cos veciños a franxa de seguridade da Brilat

infobloque-vilaboa.com, 29/05/09. A deputada do BNG no Congreso dos Deputados, Olaia Fdez. Davila volveu a rexistrar esta semana unha pregunta, tanto na Mesa como na comisión de Defensa do Congreso, para que o Ministerio dea conta das xestións que realizou tras a aprobación polo Pleno o pasado 18 de novembro de 2008 dunha moción do BNG na que se instaba a que o Goberno Central inciara conversas cos veciños afectados pola franxa de seguridade da Base da Brilat en Figueirido. Tamén se instaba a entablar conversas cos concellos de Vilaboa, Pontevedra e Marín por ser limítrofes coa isntalación militar, ademáis de que se facilitase a continaución dos aproveitamentos rurais e forestais tradicionais.
Transcorridos xa seis meses da aprobación da moción, e ante a falla de avances na resolución do conflicto entre o Ministerio de Defensa e os veciños afectados o BNG pretende coñecer se o Ministerio avanzou no cumprimento do mandato do Congreso.
Davila solicita no escrito o posicionamento do Goberno respecto de cales foron os pasos dados ata o momento e si se produciron que resultado tiveron. No caso de que non se produciran demándaselle o porqué da inacción do Goberno nun conflicto que ten moi preocupadas a parroquias dos concellos de Vilaboa e Pontevedra. Tamén se pide que se poña de manifesto cales van ser as solucións acaidas para evitar que os veciños se vexan afectados pola Orde de declaración de zona de seguridade.

comenta esta noticia
       |