IMPLICARÁ AUTORIZACIÓN PREVIA DO MINISTERIO PARA REALIZAR TAREFAS AGRÍCOLAS
A zona de seguridade lonxana da Brilat afectará a 1.200 has. de Vilaboa
O BNG demanda que Defensa negocie cos veciños a franxa de seguridade da Brilat

infobloque-vilaboa.com, 19/06/09. O Ministerio de Defensa ven de publicar o perímetro de seguridade lonxano da Base da Brilat en Figueirido cunha afección de 2.880 hectáreas repartidas entre os concellos de Vilaboa, Marín e Pontevedra, das que gran parte corresponden ao noso concello. Esta franxa de seguridade engulle a totalidade das vivendas das parroquias de Figueirido e Bértola, así como parte das do Toural dende a casa do Concello hacia Figueirido.
A superficie total afectada en Vilaboa será de 1.200 has. e nas cales será necesario solicitar ao Ministerio de Defensa autorización previa para realizar plantacións arbóreas ou arbustivas, levantar edificiacións análogas de superficie e que poderán ser denegadas cando impliquen perxuizo para o emprego óptimo dos medios da instalación militar. As sancións polo incumprimento da normativa (LEI 8/1975 -BOE 14/03/1975- e R.D. 689/1978 -BOE 14/04/1978) poderán dar lugar á demoliciónn parcial ou total, á expropiación e ás sancións económicas polo Ministerio de Defensa.
CONCENTRACIÓN DE PROTESTA
Os colectivos de afectados pola Franxa de Seguridade da Brilat veñen de convocar para o vindeiro domingo 28 de xuño unha concentración de potresta polas actuacións do Ministerio de Defensa. Será no Casal en Salcedo a partir das 11 da mañá.

comenta esta noticia

       |