UNHA VEZ MÁIS O GOBERNO QUE PRESIDE LUIS POCEIRO DESAPROVEITA FONDOS PÚBLICOS COS QUE DINAMIZAR A ECONOMÍA LOCAL
Vilaboa tampouco presentou nengún proxecto ao programa "Acción Costeira"

infobloque-vilaboa.com | 04/05/10 | (0) |
|
Ao igual que ocorrira co plan AGADER, o goberno socialista de Vilaboa que preside Luis Poceiro tampouco considera oportuno a presentación dalgún proxecto co fin de recibir fondos do programa "Acción Costeira". O programa Acción Costeira ten como obxectivo xestionar a liña de acción dos Fondos Europeos de Pesca (40 millóns de euros), a través da concesión de axudas aos proxectos que se presenten ante os Grupos de Acción Costeira que se constitúan como medida para desenvolver proxectos que fomenten a sostenibilidade social, económica e ambiental das zonas costeiras.
No caso do concello de Vilaboa, nun primeiro momento non estaba incluído en ningunha zona, sendo o único concello costeiro da provincia de Pontevedra que quedaba fóra. Foi o BNG o que alertou, no seu momento, desta incidencia e, grazas a unha moción do grupo nacionalista, conseguiuse que Vilaboa entrase a formar parte do Grupo de Acción Costeia da zona 7, o cal corresponde aos concellos da Ría de Vigo-Baixo Miño.
Despois de preto de dous anos e medio, desde que se aprobou a moción e Vilaboa entrou a formar parte do Grupo de Acción Costeira, o goberno municipal do PSOE non presentou ningún proxecto para beneficiarse desta liña de axudas. “Vilaboa posúe unha costa de 15 quilómetros e gran parte da súa poboación dedicada ao marisqueo e pesca. Tamén conta cun importante sector dedicado á acuicultura, especialmente ao mexillón. Coñecida a realidade social e económica de Vilaboa, non ten explicación razonable que o goberno local non presentase ningún proxecto. Pero non nos sorprende esta actitude, xa que Vilaboa deixou e está deixando pasara e perder moitas posiblidades de inversións e proxectos dinamizadores, a través de axudas e subvencións, debido á falta de inciativa, interese e ambición do goberno municipal”, afirmou a voceira nacionalista, Ornela Fdez. Salgado.
comenta esta noticia |
 |
|
NOTICIAS RELACIONADAS
|