voltar á páxina principal

Mocións presentadas polo BNGDocumentos elaborados polo BNGDescarga de arquivosConvocatoria de subvencións, axudas,...Entra a formar parte da militancia do BNG de Vilaboa


Se ves a páxina con erros usa o navegador Firefox

 

Recebe no teu correo-e as novidades da política municipal de Vilaboa

correo-e

Tamén podes receber gratuitamente as novidades no teu móbil enviando unha mensaxe coa palabra ALTA ao 650784558. (coste da mensaxe, según tarefas operadores). Para darte de baixa no servizo envía unha mensaxe coa palabra BAIXA.

Privacidade: O tratamento dos datos persoais está axustado á normativa establecida na Lei Orgánica 15/1999, de 13 de decembro, de Protección de Datos de Carácter Persoal (BOE 14/12/1999), e normativa de desenvolvemento.

 

 

 

NOS 8 ANOS DE MOBILIZACIÓNS SON AS PRIMEIRAS DENUNCIAS QUE SE TRAMITAN

Dous membros da Plataforma pola Reforma da N-554 foron sancionados pola Subdelegación do Governo

(infobloque-vilaboa.com 12/12/08) A Subdelegación do Governo en Pontevedra publicou o pasado 24 de novembro no B.O.P. (Boletín Oficial da Provincia) os nomes de dous directivos da Plataforma pola Reforma da N-554 que foron sancionados con 500 € por participar nas mobilizacións e actos convocados por esta plataforma para demandar do Ministerio de Fomento a presentación da reforma do proxecto de mellora da N-554.

As sancións reférense a unha mobilización realizada no mes de agosto na recta da de San Adrián, coñecida popularmente como "recta de Simosa" onde veciños reclamaban a inclusión de pasos de peóns nas obras de reforma da N-554 que se están realizando e que Fomento non tiña previsto incluir.

As sancións baséanse según a Subdelegación do Goberno no descrito no artigo 23.c da Lei sobre Protección da Seguridade Cidadá, no apartado referente á celebración de reunións en lugares de tránsito público con responsabiliade dos organizadores.

Resaltar que estas son as primeiras denuncias que tramita a Subdelegación do Governo dende que empezaran as mobilizacións demandando a reforma da estrada alá polo ano 2000 con goberno do Partido Popular. Con este tipo de actuacións a Subdelegación do Governo recupera as vellas prácticas levadas a cabo durante a movilización veciñal contra a empacadora onde de forma similar moitos veciños foron sancionados de forma aleatoria. Anos despois cambiou o goberno e os gobernantes pero as formas seguen sendo as mesmas.

Imprimir   Recoméndalle esta noticia a un amigo

HISTORIAL DE NOTICIAS SOBRE A REFORMA DA N-554

comentarios recibidos (1)

1. Enviado por: Detomeza, 2008-12-14 13:52:53 PST

Dimisión do home con voz de cura xa,ollo que non é voso alcalde pero non digo o seu nome non vaia a ser que me multe a min tamén.

comenta esta noticia

Nome
Correo-e
Comentario

Debes cumprimetar tódolos campos. O correo electónico non se mostrará. O BNG de Vilaboa non se fai responsable do contido dos comentarios. Non se publicarán os comentarios ofensivos ou que sexan sospeitosos de non respetar a legalidade vixente.

 


 

© BNG Vilaboa 2007-2008| Inicio | Nós| Escríbenos